Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 12 de agosto de 2003 Páx. 10.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARTELLE

ANUNCIO de licitación.

Contratación por procedemento aberto mediante concurso e polo trámite de urxencia da obra de tanatorio municipal no Mundil, concello de Cartelle.

Obxecto do contrato: tanatorio municipal no Mundil, concello de Cartelle.

Lugar de execución: Concello de Cartelle.

Prazo de execución: tres meses.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento base de licitación: 111.515,00 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Concello de Cartelle. Outros datos: lugar onde se poden obter copias do proxecto e prego: librería Puga, avda. de La Habana 34 (fronte ó antigo Hotel Sila) Ourense. Teléfono: 988 23 58 17. Fax: 988 23 58 17.

Presentación das ofertas. Data límite de presentación: rematará ós trece días naturais contados desde o seguinte ó da presente publicación. Se o último día fora inhábil ou sábado, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Cartelle, das nove ás trece horas.

Anuncio extenso: BOP de Ourense do 1 de agosto de 2003.

Cartelle, 31 de xullo de 2003.

Carmen Leyte Coello

Alcaldesa