Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 12 de agosto de 2003 Páx. 10.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a subministración de equipamento para a dotación da aula de pneumática do Centro de Formación Ocupacional de Coia (Vigo). (Expediente 41/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración de equipamento para a dotación da aula de pneumática do Centro de Formación Ocupacional de Coia (Vigo).

b) Número de unidades que se van entregar: ver prego de prescricións técnicas particulares.

c) Lugar de entrega: Centro de Formación Ocupacional de Coia (Vigo).

d) Prazo de entrega: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: douscentos mil euros (200.000 A, IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais-Edificio Administrativo San Lázaro, s/n; 15781-Santiago de Compostela; Tfno: 981 54 56 50/981 54 01 03; Fax: 981 54 56 91; www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2724.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das proposicións:

a) Plazo de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais-Edificio Administrativo San Lázaro, s/n; 15781 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do sétimo día natural, contado desde o día seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: 9,56 A por liña.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2003.

P.D. (Orde 7-2-2003)

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria seral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais