Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 12 de agosto de 2003 Páx. 10.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para subministración a esta deputación de árbores nobres.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a subministración a esta deputación de árbores nobres, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12.00 horas do día 3 de setembro de 2003, no rexistro xeral da Deputación de Ourense. A apertura da documentación terá lugar ás 12.00 horas do día 4 de setembro de 2003, no Pazo Provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso 32, ou por teléfono 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 21 de xullo de 2003.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense