Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 12 de agosto de 2003 Páx. 10.539

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (186/2002).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 186/2002, se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Condeno a Jorge Duarte Espasandín como autor dunha falta de furto á pena de corenta días de multa cunha cota diaria de tres euros, o que fai un total de cento vinte euros, cantidade á que terá que se engadi-la suma de cento setenta euros que lle deberá aboar á denunciante en concepto de indemnización polos danos e perdas causados, máis os xuros legais. Estas cantidades deberán ser satisfeitas no prazo de dez días desde a data da presente resolución, prevíndoo de que en caso de non as satisfacer e logo de exacción dos seus bens, quedará suxeito

a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade, por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que se poderá cumprir en réxime de arresto de fin de semana, todo iso con expresa condena en custas.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Jorge Duarte Espasandín, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o once de xullo de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PONTEAREAS