Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 12 de agosto de 2003 Páx. 10.539

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PONTEAREAS

EDICTO (49/2002).

Xuízo: divorcio nº 49/2002.

Parte demandante: Estrella Pazos Vallejo.

Parte demandada: Roberto Fernández Puga.

No xuízo citado acordouse entregarlle á parte demandada a cédula que ten o seguinte texto:

«Cédula de emprazamento.

Tribunal que ordena emprazar: Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ponteareas.

Asunto en que se acorda: o arriba citado.

Persoa que se empraza: Roberto Fernández Puga, en concepto de parte demandada.

Obxecto do emprazamento: comparecer no xuízo expresado para contestar por escrito a demanda, na que figura como parte demandada. Xúntase copia da demanda, dos documentos adxuntos e do auto de admisión daquela.

Tribunal ante o que debe comparecer: na sede deste xulgado.

Prazo para comparecer: vinte días hábiles computados desde o seguinte ó deste emprazamento.

Prevencións legais.

1. Se non comparece, será declarado en situación de rebeldía procesual e, notificada esta, non se levará a cabo ningunha outra, agás a da resolución que poña fin ó proceso (artigos 496 e 497 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, LAC).

2. A comparecencia no xuízo débese realizar por medio de procurador, coa asistencia de avogado (artigo 750 da LAC).

3. Débelle comunicar a este tribunal calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso (artigo 155.5º parágrafo primeiro da LAC).

En Ponteareas, o sete de febreiro de dous mil dous.

O secretario xudicial».

En virtude do acordado nos referidos autos por providencia do día da data e de conformidade co disposto nos artigos 156.4º e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, para que lle sirva de emprazamento en legal forma ó demandado Roberto Fernández Puga, do que se descoñece o seu actual domicilio e paradoiro, quedando ó seu dispor na secretaría deste xulgado a copia da demanda e os documentos achegados, expido e asino este edicto en Ponteareas o dezaseis de xuño de dous mil tres.

O/A secretario/a xudicial

Rubricado