Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 12 de agosto de 2003 Páx. 10.537

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outubro de 2002, pola que se ordena a publicación do acordo adoptado na súa sesión do día 8 de agosto de 2003, relativo á anulación de preguntas do terceiro exercicio da fase de oposición en acceso libre e promoción interna.

Na súa sesión do día 8 de agosto de 2003 o tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso o corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), convocado pola Orde do 10 de outubro de 2002, acordouse:

Anula-la pregunta número 6 (acceso libre e promoción interna) nas dúas quendas do exame obxecto do terceiro exercicio da fase de oposición como consecuencia das reclamacións presentadas polos aspirantes.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2003.

Álvaro M. Rodríguez Carballo

Presidente do tribunal