Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 12 de agosto de 2003 Páx. 10.537

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2003 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería telemática, do departamento de Enxeñería Telemática, a Juan Carlos Burguillo Rial (praza 188/2001).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por Resolución do 13 de decembro de 2001 (BOE do 21 de decembro), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería telemática, do departamento de Enxeñería Telemática, en prol de Juan Carlos Burguillo Rial, con documento nacional de identidade número 36086935-G, e cumprindo o interesado os requisitos do artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Juan Carlos Burguillo Rial, profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería telemática, do departamento de Enxeñería Telemática.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes,

contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE, perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 17 de xullo de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo