Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 12 de agosto de 2003 Páx. 10.536

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 7 de agosto de 2003 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o acceso ó corpo superior de

Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados, levada a efecto pola Orde do 11 de novembro de 2002 (DOG nº 224, do 20 de novembro), corrección de erros (DOG nº 228, do 26 de novembro) e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, elevada polo correspondente tribunal, publicada no DOG nº 151, do 6 de agosto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, e publicala como anexo da presente orde.

Segundo.-Os aspirantes que figuren no dito anexo deberán remitir, no prazo de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, á Dirección Xeral de Función Pública da Consellería de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública os documentos a que se refire a base V.1 da orde da convocatoria.

Terceiro.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo

para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados

Acceso libre

Apelidos e nomeDNI1ª proba2ª proba3ª proba4ª proba5ª proba6ª probaTotal

Conde Castelo, Samuel32.836.912273,6Exento18252295,6

Novo Castro, Mª Isabel33.329.649212,8Exenta21,523,52088,8

Ruíz Cotelo, Paula32.822.37525,52,9Exenta1917,511882,91

Rodríguez Mujico, Mª del Carmen33.262.293212,8Apta18181978,8