Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 12 de agosto de 2003 Páx. 10.531

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se aproban os temarios que rexerán nas probas selectivas para o ingreso na escala de saúde pública e Administración sanitaria, do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia.

De conformidade coas competencias atribuídas no artigo cuarto c) da Orde do 14 de marzo de 2002 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, con carácter previo á publicación das correspondentes convocatorias no DOG, esta división

RESOLVE:

Punto único.-Aproba-los temarios que rexerán nas probas selectivas para o ingreso na escala de saúde pública e Administración sanitaria, do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, agás as clases de inspectores médicos e inspectores farmacéuticos, que se publican como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde

ANEXO

Corpo: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Escala: saúde pública e Administración sanitaria.

1. A Constitución española de 1978. O dereito á protección da saúde.

2. A Coroa. As Cortes Xerais. Órganos de control da Administración. O Tribunal Constitucional.

3. O Goberno do Estado. Especial referencia á organización da Administración pública sanitaria e as súas competencias.

4. As administracións locais. Organización e competencias. Especial referencia a competencias de carácter sanitario.

5. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estructura e contido. Competencias sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. As institucións de autogoberno en Galicia: descrición. Sede. A Administración de xustiza en Galicia.

7. O goberno da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente. As consellerías: organización e estructura. A Administración periférica da Comunidade Autónoma.

8. O Parlamento de Galicia. O Consello Consultivo. O control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo. Consello de Contas. Consello Económico Social.

9. Os procesos de modernización das administracións públicas. A calidade nos servicios públicos. O cidadán como cliente. A cultura administrativa. Estratexia de cambio na Administración. A reforma da Administración galega.

10. O procedemento administrativo: concepto e natureza. Lei do procedemento administrativo. Ámbito de aplicación e procedementos informadores. Iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Os procedementos especiais.

11. Os contratos administrativos: natureza, caracteres e clases. Elementos. Formas de adxudicación dos contratos. Contido e efectos dos contratos administrativos. Resolución, rescisión e renuncia.

12. O orzamento: concepto e clasificación. Principios orzamentarios. As novas técnicas orzamentarias. As funcións do orzamento: evolución. A execución do orzamento de gastos: fases de execución. Autorización e compromiso de gasto. Recoñecemento da obriga. Pagamento. Documentos contables que interveñen. Órganos competentes. Os gastos plurianuais.

13. A función pública galega: bases do seu réxime xurídico. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Promoción. Situacións administrativas. Dereitos, deberes e réxime disciplinario. A Lei 17/1990.

14. Os recursos humanos das organizacións sanitarias. Estatutos de persoal sanitario e non sanitario. Persoal laboral das novas formas de xestión.

15. A Unión Europea. Institucións europeas. Tratado de Amsterdam, Unión Europea e saúde. Marcos normativos.

16. Concepto de saúde e enfermidade. Determinantes da saúde e a enfermidade. Promoción, protección e recuperación da saúde.

17. Xenética e saúde. Novas perspectivas sobre causalidade. Epidemioloxía e xenética.

18. A medida do nivel de saúde. Indicadores e índices de saúde. Perfís de saúde.

19. Demografía sanitaria. Estructura da poboación e mortalidade xeral e específica de Galicia.

20. Promoción da saúde. Educación para a saúde. Medios de comunicación social.

21. Socioloxía sanitaria. Dinámica social e saúde. Técnicas de investigación social, aplicación en saúde pública.

22. Organismos internacionais. A Organización Mundial da Saúde. Oficinas rexionais. Organizacións e servicios. Misión e funcións. Principais publicacións. Regulamento sanitario internacional. Consello Europeo.

23. Características do sector sanitario nos países industrializados. Comparación entre modelos sanitarios. Características e tendencias evolutivas.

24. O sistema sanitario español. Lei xeral de sanidade. Lei de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde.

25. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario. Dereito á información e confidencialidade dos datos persoais. Regulación normativa.

26. Innovacións na xestión de servicios asistenciais: as fórmulas con personalidade xurídica propia. Tipos e características.

27. A regulación de prestacións e técnicas do Sistema Nacional de Saúde. Réxime de actualizacións de prestacións: mecanismos para a introducción de novas técnicas e a avaliación das existentes. A detección de tecnoloxía emerxente.

28. A prestación farmacéutica no Sistema Nacional de Saúde. Características. Requisitos. A receita oficial e modelos. Lei 5/1999, de ordenación farmacéutica de Galicia.

29. O acceso á atención sanitaria no Sistema Nacional de Saúde. Normativa estatal e autonómica. Acreditación do dereito á asistencia. A asistencia sanitaria de cidadáns na Unión Europea en desprazamento dos seus países de orixe. Convenios internacionais.

30. Principais funcións identificables nos sistemas sanitarios: autoridade sanitaria, financiamento, compra e provisión. Estructura e funcións da Administración sanitaria pública autonómica de Galicia: Consellería de Sanidade e Sergas.

31. Organización da saúde pública en España e en Galicia. Competencias e mecanismos de coordinación.

32. Ordenación territorial sanitaria en Galicia. Estructura periférica da Conselleria de Sanidade e do Sergas.

33. Autorización sanitaria. Autorización de centros, servicios e establecementos asistenciais. Normativa da Comunidade Autónoma de Galicia. Acreditación de centros. Acreditación docente.

34. Organización e ordenación da Atención Primaria en Galicia. Principais indicadores de recursos. Normativa básica.

35. Organización da atención continuada e ás emerxencias en Galicia. O 061 en Galicia.

36. Organización hospitalaria. Estructura e funcións. Comisións hospitalarias. Modalidades de atención e as súas características. Principais indicadores de recursos en Galicia. Normativa básica.

37. Sistemas de información para a dirección e para a xestión. A información como recurso na Administración pública. A protección de datos de carácter persoal. A seguridade informática.

38. Concepto de informática. Hardware e software. Unidades funcionais do ordenador. Sistemas operativos. Windows. Unix. Redes de comunicacións. Redes de área local. Internet e Intranet. Software epidemiolóxico. EPIDAT. EPI INFO.

39. A busca de información no ámbito da saúde. Definición de preguntas. Selección de fontes de información.

40. Estatística descritiva. Presentación de datos estatísticos. Medidas de tendencia central, de dispersión e de posición. Inferencia estatística. Teoría de probabilidades.

41. Estatística inferencial. Poboación e mostra. Mostraxe. Test de hipótese. Inferencia sobre medidas e sobre proporcións. Comparación de medias e proporcións.

42. Estatística avanzada. Modelos de regresión. Análise multivariante. Análise de supervivencia. Series temporais.

43. Investigación cualitativa. Definición. Obxectivos. Características. Deseño de investigación. Métodos de investigación: observación, entrevista, Grupos focais, consenso.

44. Epidemioloxía. Concepto e usos. Tipos de estudios epidemiolóxicos. Medidas de frecuencia da enfermidade. Medidas de asociación.

45. Epidemioloxía clínica: investigación clínica e probas diagnósticas. Sensibilidade, especificidade e valores predictivos. Toma de decisións na práctica clínica.

46. Estudios epidemiolóxicos. Concepto, etapas e clasificación. Vantaxes e inconvenientes de cada un. Estudios descritivos, analíticos e experimentais.

47. Estudios descritivos. Estructura e características. Cálculo de indicadores.

48. Estudios analíticos. Estructura e características. Cálculo de riscos.

49. Estudios experimentais. Ensaios clínicos.

50. Metodoloxía da investigación. Deseño de investigación. Filosofía da ciencia.

51. Principios de razoamento causal. Indicadores cuantitativos dunha asociación causal. Estudio.

52. Recursos sanitarios en documentación: definición, clasificación, aplicación. Estratexias de busca. Revisión crítica da documentación científica. Revisións sistemáticas versus revisións narrativas.

53. Economía sanitaria: conceptos básicos. Natureza económica dos recursos sanitarios. O mercado sanitario. Características e natureza do ben asistencia sanitaria. Inadecuación ou erro do mercado. Incerteza. Conducta do consumidor. Monopolio. Bens públicos. Externalidades. Bens tutelares.

54. Demanda sanitaria e teoría da elección. Necesidade versus demanda. Demanda inducida pola oferta. Relación de axencia.

55. Teoría de custos. Función de custos. Xestión analítica. Contabilidade analítica. Sistemas de custos: custos completos e custos directos. Consideracións xerais.

56. O criterio de eficiencia como principio normativo da xestión sanitaria. Función de producción. Outputs intermedios e finais. Unidades de medida do output intermedio.

57. Análises de eficiencia macroeconómicas e microeconómicas. Metodoloxía.

58. O proceso xeral de planificación. Elementos. Etapas. Perspectiva nos ámbitos de política sanitaria, organización, administración, xestión de servicios e atención sanitaria.

59. Concepto de necesidade e problema. O estudio das necesidades en saúde para a toma de medidas. Concepto. Obxectivo. Organización do grupo de estudio. Poboación obxectivo.

60. Perigos e riscos para a saúde. Métodos para a identificación de perigos. Caracterización do risco para a saúde nunha poboación, técnicas e ferramentas.

61. Métodos de identificación de necesidades para tomar medidas baseadas na evidencia (I): Selección de información para a identificación de necesidades. Indicadores de saúde. Indicadores determinantes de saúde e outros determinantes. Indicadores operacionais.

62. Métodos de identificación de necesidades para tomar medidas baseadas na evidencia (2): Recollida e análise de datos: procedemento por enquisa e por busca de consenso a través de profesionais, expertos, líderes e cidadáns. O inventario de recursos, programas e servicios.

63. Valoración das posibles solucións ás necesidades detectadas: medida da magnitude do problema e desenvolvemento e busca de posibles solucións. Instrumentos para o establecemento de prioridades e a elección de alternativas. A participación da comunidade.

64. O desenvolvemento do plan do programa: utilidade, obxectivos e avaliación. Recursos necesarios. Factores que interveñen entre a dispoñibilidade de recursos e a producción de servicios. Métodos de estimación dos recursos necesarios.

65. A planificación da execución. Os elementos estratéxicos. Os elementos técnicos: o plan de operacións e os métodos de clasificación de actividades.

66. A avaliación no proceso de planificación. Etapas. Elementos. Marco conceptual e obxectivos. A avaliación de compoñentes do programa e as súas interrelacións. A avaliación estratéxica. Metodoloxía de avaliación: tipos de criterios, indicadores e estándares.

67. A avaliación económica no proceso de planificación. Tipos: productividade e eficiencia. Métodos para valora-la rendibilidade económica dos programas sanitarios: análise custo-efectividade, análise custo-beneficio, análise custo-utilidade. Os anos de vida axustados segundo calidade.

68. A cadea de valor na producción hospitalaria. As medidas de producción de servicios: indicadores baseados en productos intermedios. Medidas orientadas a valora-los outcomes hospitalarios.

69. Plans de saúde: formulación e metodoloxía. Perspectivas de política sanitaria e xestión. Aspectos fundamentais do plan de saúde de Galicia.

70. Plans funcionais en atención primaria e especializada. Orixe. Metodoloxía de análise de necesidades básicas. Plan director.

71. Plans estratéxicos de hospitais. Dirección. Sistemas de información. Técnicas de análises estratéxicas. O proceso de planificación estratéxica.

72. Plan estratéxico de saúde pública. Misión, estructura e sistema de programación en saúde pública.

73. A función xerencial nas administracións públicas. Particularidades da xestión pública. Xestión e planificación estratéxica. Teorías de liderado. O directivo público. Toma de decisións. Técnicas de apoio. Estilos de dirección.

74. O factor humano na organización. O elemento humano nas organizacións prestadoras de servicios. O grupo na organización. Características e tipos de grupos. A comunicación cos empregados. A comunicación nos grupos e organizacións: redes e fluxos. O traballo en equipo. A motivación dos recursos humanos. Teorías explicativas. O clima laboral. A satisfacción no traballo.

75. A dirección por obxectivos: orixe. Conceptos básicos. A programación de proxectos. A xestión de proxectos. A xestión por obxectivos. Aplicación á Administración pública.

76. Xestión de recursos humanos. Planificación de cadros de persoal. Deseño de postos. Políticas retributivas. Provisión de postos. Carreira profesional e promoción. Formación. Xestión de recursos humanos como sistema integrado.

77. Deseño organizativo. A estructura das organizacións. Tipos de organizacións. Sistemas de coordinación. As organizacións como sistemas. Estudio organizativo da Administración sanitaria autonómica de Galicia.

78. A función de compra de servicios sanitarios: criterios de compra. Sistemas de financiamento de servicios sanitarios. O contrato de servicios sanitarios: carteira de servicios e outros elementos básicos do contrato. Modalidades.

79. Contrato programa en saúde pública.

80. Contrato programa en atención primaria. Criterios básicos e especificacións.

81. Contrato (contrato-programa ou concerto) en atención especializada: criterios básicos, especifi

cacións e metodoloxía. Contratos baseados na casuística: aplicación na Comunidade Autónoma galega.

82. Mecanismos de regulación da implantación de tecnoloxías sanitarias: directiva e baseada en incentivos. Microrregulación.

83. Avaliación de tecnoloxías. Conceptos básicos. Organismos e institucións. A axencia de avaliación de tecnoloxías de Galicia.

84. Metodoloxía da avaliación de tecnoloxías. Estratexias de difusión e diseminación. Aplicacións.

85. A xestión de riscos no medio hospitalario. Riscos microbiolóxicos e ambientais, riscos químicos.

86. Xestión de pacientes. Circulacións. O servicio de admisión. Xestión de listas de espera e de altas hospitalarias.

87. Alternativas á hospitalización convencional. Cirurxía maior ambulatoria, hospitalización a domicilio, coidados paliativos.

88. A articulación entre niveis asistenciais. Obxectivos, modelos organizativos e tendencias.

89. Coordinación interhospitalaria. Sistemas multihospitalarios: desenvolvemento, vantaxes e impacto sobre os modelos clásicos de xestión.

90. Bioética e xestión sanitaria. O consentimento informado. Humanización na toma de decisións profesionais.

91. Os ensaios clínicos. A súa regulación en Galicia.

92. A xestión clínica. Xustificación e características.

93. A medicina baseada na evidencia científica. Variabilidade na práctica clínica. Concepto e características. Estratexias para reduci-la variabilidade: guías de práctica clínica, protocolos e vías clínicas. Reenxeñería de procesos.

94. A función inspectora nas organizacións sanitarias modernas. Inspección sanitaria.

95. Xestión da calidade. Modelos de xestión de calidade. Calidade total. Calidade dos productos. Normas ISO. Modelo da Fundación Europea para a xestión da calidade. Sistemas de aseguramento da calidade en Europa e España.

96. Sistemas de acreditación e certificación da calidade en España. Marco Europeo.

97. Deseño de programas de calidade. Definición de criterios, indicadores e estándares. Aseguramento da calidade. Aplicación de programas de calidade nos diferentes ámbitos da Administración sanitaria autonómica de Galicia.

98. A satisfacción dos usuarios: a singularidade dos servicios sanitarios. Experiencias na Comunidade Autónoma de Galicia.

99. A historia clínica. Regulación normativa estatal e autonómica. Tipos. A historia clínica informatizada. A xestión de arquivos de historias nas institucións sanitarias. Arquivos de historias. Características.

100. O sistema de tarxeta sanitaria do Servicio Galego de Saúde. Contido, deseño, medios e organización funcional e aplicacións. Relación con outros sistemas de información.

101. Sistema de información en saúde pública.

102. Rexistros específicos de saúde pública: mortalidade e de morbilidade. Sistema de información microbiolóxica.

103. Sistemas de información en saúde laboral. Sistema de información de incapacidade laboral e enfermidades profesionais. Conxunto mínimo de datos de saúde laboral.

104. Sistemas de rexistro e indicadores asistenciais en atención primaria.

105. A clasificación internacional de enfermidades. CIE-9-MC. A CIE-10. O conxunto mínimo básico de datos de hospitalización de agudos. Concepto. Características. Aplicacións. Regulación autonómica. Codificación diagnóstica de episodios de hospitalización de agudos: normas básicas de codificación.

106. Agrupadores por casuística. Concepto. Evolución. Principais agrupadores e as súas aplicacións. Grupos relacionados polo diagnóstico (GRD): concepto, características e aplicacións. Utilización na Comunidade Autónoma galega.

107. Agrupadores en hospitalización socio-sanitaria. Características e aplicacións na Comunidade Autónoma de Galicia. O conxunto mínimo básico de datos de hospitalización socio-sanitaria: concepto, características e aplicacións. Regulación autonómica

108. Sistema de información de actividade asistencial dos hospitais do Sergas (SISINFO) e de xestión de listas de espera.

109. Estratexias de intervención nas enfermidades transmisibles. Medidas de prevención, illamento e control. Investigación de brotes epidemiolóxicos. Papel do laboratorio na vixilancia de infeccións.

110. Calendario de vacinación de Galicia. Políticas de inmunización en situacións especiais.

111. Tuberculose. Programa Galego de Prevención e Control de Tuberculose.

112. Programa de prevención e control da infección polo virus de inmunodeficiencia adquirida. Xustificación, obxectivos, actividades e avaliación. Rexistro de casos en Galicia e España.

113. Estratexias de intervención nas enfermidades non transmisibles.

114. Estratexias de intervención nas enfermidades cardiovasculares. Intervención e control.

115. Estratexias de intervención no cancro. Prevención primaria, secundaria e terciaria. A eficiencia das medidas de detección precoz do cancro. Criterios dos programas de screening poboacional.

116. O hábito tabáquico como problema de saúde. Medidas de actuación. Marco normativo. Programa de promoción de vida sen tabaco de Galicia.

117. Cancro de mama. Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama.

118. Estratexias de intervención nas enfermidades mentais. Intervención psiquiátrica.

119. Programas de prevención e control das drogodependencias. Xustificación, obxectivos, actividades e avaliación.

120. Programas de prevención da minusvalidez psíquica. Xustificación, obxectivos, actividades e avaliación.

121. Programas de saúde bucodental. Xustificación, obxectivos, actividades e avaliación.

122. Saúde escolar. Programa neno san. Control hixiénico-sanitario de centros escolares, educación para a saúde.

123. Plan de atención integral social e sanitaria á muller. Saúde e xénero.

124. Coordinación socio-sanitaria. Programa socio-sanitario de Galicia.

125. Organización dos programas de extracción de órganos e tecidos e transplantes. O modelo español.

126. Seguridade alimentaria. Medidas de control. Responsabilidade das empresas. Rexistro sanitario de alimentos. Inspección de Saúde Pública.

127. Programas de control hixiénico-sanitario de praias, piscinas, cámpings. RENCAG. Rede de control da contaminación atmosférica en Galicia.

128. Políticas de desinfección, desinsectación, desratización. Selección e utilización de productos. Marco regulador.

129. Conceptos xerais de salubridade e saneamento ambiental. Circuítos de aire, auga, residuos, roupa e alimentos.

130. Vixilancia sanitaria de actividades, establecementos e locais públicos. Actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.

131. Saúde laboral. Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais. Comités de seguridade e saúde.

Regulamento e servicios de prevención. Delegado de prevención.

132. Saúde laboral (I): inadaptación laboral. Accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Estratexias de intervención nos accidentes.

133. Saúde laboral (II): programa de prevención de riscos laborais do Sergas.

134. Servicios de prevención riscos laborais. Requisitos funcións. Protocolos de vixilancia. Enfermidades profesionais.

135. A ordenación de recursos sanitarios en situacións de catástrofes. Plans de emerxencia.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA