Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 11 de agosto de 2003 Páx. 10.507

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA.

ANUNCIO.

Anúnciase a contratación, con relación laboral de alta dirección, de director responsable do Departamento de Relacións Institucionais e Comunicación da Fundación Semana Verde de Galicia, que desempeñará a súa función na sede administrativa da fundación, no recinto feiral de Silleda-Pontevedra, a xornada completa, contratación que se someterá ós principios de mérito e capacidade, entre persoas que demostren a súa cualificación profesional. Valorarase especialmente a experiencia profesional contrastada nos sectores de prensa, comunicación e imaxe. Os interesados terán que remitir á fundación, ó recinto feiral s/n, de Silleda (Pontevedra), dentro do prazo dos quince días naturais seguintes á publicación deste anuncio, as súas circunstancias persoais, e demais circunstancias atinxentes ós indicados conceptos, coa proposta da retribución económica en bruto que pretendan percibir por tódolos conceptos, dentro do máximo de vinteoito mil oitocentos cincuenta euros anuais (28.850),

distribuídos en doce pagas mensuais iguais.

En Silleda, 4 de agosto de 2003.

José Maril Sánchez

Presidente