Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 11 de agosto de 2003 Páx. 10.506

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan no anexo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación Provincial de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

Definitiva: o 4% sobre o importe de adxudicación.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo-27001.

d) Teléfono: 982 26 00 78.

e) Fax: 982 26 01 67.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se sinala no encabezado (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto, no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: contido de proposicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral, de 10.00 a 14.00 horas.

1. Entidad: Deputación.

2. Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución.

Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación de suficiencia de poderes farase especificamente para o presente concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Deputación.

b) Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 1 de agosto de 2003.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

Nº 113 POS 2003 Antas de Ulla.-CP de Chantada a Antas de Ulla, alargamento e mellora p.k. 23,10-24,0096.0006 mesesNon se esixe

Nº 115 POS 2003 Carballedo.-CP. da Barrela por Esmoriz á CC-553, alargamento e mellora p.k. 4,90-5,90110.0006 mesesNon se esixe

Nº 121 POS 2003 Monforte de Lemos.-CP.-Monforte-Currelos, alargamento e mellora p.k. 7,80-8,8093.983,686 mesesNon se esixe

Nº 112 POS 2003 Ourol Viveiro.-CP Ruanova a Bravos, mellora de curvas, p.k. 2,60-7,3090.0003 mesesNon se esixe

Nº 227 POL 2003 Barreiros.-Mellora rede de auga parroquias de S. Miguel e de Reinante86.0006 mesesNon se esixe

Nº 294 POL 2003 Ourol.-Rede de sumidoiros parroquias de Ourol e Merille75.781,999 mesesNon se esixe

Nº 320 POL 2003 Sarria.-Sarria-Pintín-Samos, acdtº variante de Pintín p.k. 6,00-6,6575.0006 mesesNon se esixe