Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 11 de agosto de 2003 Páx. 10.506

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2003 pola que se resolve a convocatoria do concurso específico entre funcionarios para a provisión de postos de traballo vacantes na corporación (1/2003), publicada no Diario Oficial de Galicia número 48, do 10 de marzo.

De conformidade co establecido nas bases da convocatoria do concurso específico entre funcionarios para prover postos de traballo vacantes nesta corporación 1/2003, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 48, do 10 de marzo, resolve-lo devandito concurso e, por proposta das respectivas comisións de valoración nomeadas para o efecto, designa-los funcionarios que figuran de seguido para cubri-los postos que así mesmo se indican:

Posto de traballo: xefe de sección.

Adscrición: servicios técnicos de urbanismo (arquitectura).

Apelidos e nome: Yáñez Rodríguez, José Manuel.

DNI: 32404030-C.

Posto de traballo: xefe de sección de formación.

Adscrición: gabinete de planificación e control.

Apelidos e nome: Bamonde Rodríguez, Cruz.

DNI: 32426477-L.

Posto de traballo: xefe de sección de calidade e modernización.

Adscrición: servicio de organización, calidade e modernización.

Apelidos e nome: García Cotarelo, José Luis.

DNI: 11388300-B.

O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días contados a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que preste os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a presidencia desta deputación, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ou directamente interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados tamén a partir do día seguinte ó da devandita publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o disposto no artigo 46.1º, en relación co 8.1º, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción; sen prexuízo de que se poida exercitar, no seu caso, calquera outro recurso que os interesados consideren procedente.

A Coruña, 9 de xullo de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña