Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 11 de agosto de 2003 Páx. 10.507

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

CONSULTORÍA e asistencia para validación de producción de radiofármaco.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado en contratar unha consultoría e asistencia para a validación de producción de radiofármaco.

Nº expediente: CTRL/005/03.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do Instituto, praza de Europa 5A-6ºB Área Central, As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, nos trinta días naturais a partir do día seguinte da data de publicación no DOG.

Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións xurídicas e demais documentación complementaria, poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica. Teléfono: 981 57 76 50.

A documentación pode ser consultada na páxina web do Sergas: (http://www.sergas.es).

Apertura de sobres: os sobres nº 2 (referencias técnicas) y nº 3 (proposición económica) abriranse a partir das 11.00 horas do décimo día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día seguinte hábil.

O anuncio do concurso será por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2003.

Julio Villar Barreiro

Director xerente