Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 11 de agosto de 2003 Páx. 10.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana referida a diversos artigos da súa normativa.

O Pleno da Corporación, en sesión do 29-3-2003, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Resolve-lo contido puntual das dez alegacións ou reclamacións formuladas por Promociones Garrido y Barros, S.L., José Lino Gulías Candendo, Promociones Acuña, S.L., Rocer, S.L., Promociones Gulycen, S.L., Romero y García, C.B., Promocasa Uno, S.L., Ricardo Aguiar Argenti, Luis Cortizo González, no seu propio nome e en representación da entidade mercantil UA-14, S.L., Rafael Córdoba Piñeiro, Delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Promociones y Obras Véteris, S.L., Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción, Alfonso Barreiro Buján, Construcuatro, S.A., Ingasur, S.A. e Fomento de Obras de Galiza, S.L., durante a fase de información pública desta modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana en diversos artigos da súa normativa, de conformidade co criterio dictaminado pola Comisión Informativa Municipal de Urbanismo, en sucesivas reunións recollidas na parte dispositiva e resumidas na sesión do 4 de abril de 2001, por

canto, de conformidade cos informes emitidos pola Oficina Técnica Municipal de Planeamento e Xestión Urbanística, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia e Deputación Provincial, recollidos nos antecedentes de feito deste acto administrativo e que serven de motivación a este, nos termos do artigo 89.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e os seus fundamentos xurídicos, esta modificación puntual do PXOU non vulnera disposición ou determinación da normativa de ordenación territorial ou urbanística en vigor nin do planeamento de ordenación integral deste termo municipal, e pasará a formar parte integrante do seu contido con idéntico alcance normativo de natureza regulamentaria, contendo as determinacións propias de tal categoría de instrumentos urbanísticos de ordenación, competendolles a dirección e o control da xestión urbanística ás citadas administracións urbanísticas competentes.

Segundo.-Prestar aprobación definitiva ó documento denominado Proxecto refundido de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana en diversos artigos da súa normativa -obxecto de informe favorable preceptivo e vinculante do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, é dicir, H.1.-Normas de habitabilidade nas vivendas (artigo 36 modificado. Condicións das vivendas), H.2.-Adaptación das alturas das plantas nos usos terciarios, aclaración e concreción de diversos aspectos (artigo 54 modificado. Condicións do uso de comercio, artigo 55 modificado. Condicións do uso de oficinas), H.3.-Modificación da regulación de garaxes (artigo 57 modificado. Definición, arti

go 59 modificado. Previsión de aparcadoiros nas edificacións, artigo 60 modificado. Condicións do uso de garaxe-aparcadoiro), H.4.-Regulación do uso do subsolo (artigo 60 bis. Uso do subsolo), H.5.-Voos (artigo 185 bis. Voos), H.6.-Accesibilidade ós espacios e elementos comúns dos edificios desde espacios de circulación comúns e largo de portais (artigo 188 modificado. Largo de portais, condicións de accesibilidade e relación, cerramento dos locais situados nos baixos dos edificios), H.7.-Unificación de criterios na regulación das ordenanzas de zona central e residencial intensiva (artigos 186, 191 bis e 194 modificados. Condicións hixiénicas dos edificios, patios, definición e obxectivos e condicións de ordenación), sendo o documento de ordenación formulado por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe da Oficina Técnica Municipal de Planeamento e Xestión Urbanística con data 26-3-2002, unha vez introducidas as correccións ás observacións contidas no mencionado

informe preceptivo e vinculante a tal expediente elaborado pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia do 28-2-2003, do que as súas determinacións son plenamente aceptadas neste acto administrativo, servindo de motivación dela.

Tendo entrado en vigor a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e de conformidade co disposto na disposición transitoria 1ª, número 1, letras d) e f), que determina que ós solos de núcleo rural e non urbanizable ou rústico se lles aplicará integramente o réxime xurídico previsto para as mencionadas clases de solo na propia Lei 9/2002, a regulación que se aproba no artigo 60 bis, uso do subsolo nos seus números 1 «solo rústico» e 3 «núcleo rural» terá en conta os usos permitidos en tales clases de solo, con suxeición ó disposto nos preceptos correspondentes da nova Lei 9/2002.

Terceiro.-Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e dispo-la súa comunicación ás administracións públicas, entidades e persoas interesadas con ofrecemento do réxime de recursos procedentes -xuntarase tamén copia do texto aprobado e resultante da resolución das alegacións por eles formuladas-e traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dunha copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados, dispoñéndose a publicación das normas e ordenanzas da modificación no BOP para logra-la súa eficacia e executividade, de acordo co establecido na Lei 39/1994, do 30 de decembro, pola que se modifica o artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, reiterándose o contido do punto segundo do acordo plenario do 26-2-2001, de aprobación inicial, no sentido de terse introducido no texto do proxecto de modificación do planeamento de ordenación

integral, como instrumento de natureza normativa que é, dúas disposicións adicionais e outra transitoria, regulando a primeira a situación

das edificacións existentes construídas conforme o Plan xeral, tras esta domificación puntual, e a segunda sobre compatibilidade temporal entre ambas ordenacións edificatorias para logra-lo seu xeral coñecemento e evitar alteración de procesos urbanísticos.

Disposición adicional primeira.-Os edificios e instalacións erixidos ou en construcción, baixo as determinacións do Plan xeral do 18-12-1989 e as súas modificacións puntuais, conformes coas súas determinacións urbanísticas, decláranse dentro de ordenación, manténdose os construídos conforme anteriores planeamentos, en réxime de fóra de ordenación ou non, de acordo co contido de ordenación urbanística determinada no PXOU.

Disposición adicional segunda.-Os edificios e instalacións construídos baixo as determinacións do PXOU, pero con licencia outorgada por ser solicitada no prazo sinalado na disposición transitoria seguinte, considéranse dentro de ordenación para calquera efecto urbanístico.

Disposición transitoria.-As determinacións de planeamento contidas neste procedemento de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana, unha vez aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación municipal, entrarán en vigor, e terán eficacia e executividade, na forma establecida pola lexislación de réxime local e do solo e ordenación urbanística.

Non obstante, os proxectos técnicos de edificación ou rehabilitación de edificios e instalacións, presentados en solicitude de licencia ante este concello e visados polos colexios profesionais respectivos, con anterioridade ou dentro dos tres meses seguintes á súa entrada en vigor, serán resoltos conforme a normativa do PXOU, na redacción conferida pola orde aprobatoria do 18-12-1989 e sucesivas modificacións puntuais, no caso de axustarse ás súas determinacións. As licencias solicitadas nese prazo, ó amparo do réxime ordenatorio desta modificación puntual, concederanse de acordo coas súas estipulacións.

Faise constar expresamente que se remitiu a documentación á que se refire o artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, tendo entrada nese organismo o 12-6-2003.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, quen se considere lexitimado poderá interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte o establecido nos artigos 10.1º 6) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedente conforme a dereito, significando que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 12 de xuño de 2003.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral