Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 11 de agosto de 2003 Páx. 10.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2003 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica consistente no desenvolvemento de aplicacións destinadas a novos proxectos nas seguintes áreas: nómina, notarías, xeito2 e xumco2.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do CIXTEC.

c) Número de expediente: 17/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica consistente no desenvolvemento de aplicacións destinadas a novos proxectos nas seguintes áreas: nómina, notarías, xeito2 e xumco2.

b) Prazo de execución: 8 meses contados desde a sinatura do contrato, e de conformidade co prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: un millón douscentos vintetrés mil douscentos vinte euros (1.223.220,00 A) IVE incluído.

5. Garantía provisional.

2% do orzamento base de licitación: 24.464,40 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Domicilio: rúa Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista. solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

O estipulado no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do día 29 de agosto de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: CIXTEC.

2) Domicilio: rúa Domingo Fontán, nº 9.

3) Localidade e código postal: 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: CIXTEC.

b) Domicilio: rúa Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data : 4 de setembro de 2003.

e) Hora: 13.00 horas.

10. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios irán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: día 9 de xullo de 2003.

12. Páxina web onde se poden obte-los pregos: www.cixtec.es.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2003.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E

DA MULLER