Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 11 de agosto de 2003 Páx. 10.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 3 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores de incendios OU 099/03 IN e sete máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación dos expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e do seu Regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos os importes da sanción indicados no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do Regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes (artigo 8.2º do Real decreto 1398/1993). O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial en Ourense.

Ourense, 3 de xullo de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

ExpedienteDenunciado DNIÚltimo enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

euros

OU 099/2003 INMª Jesús Ramilo Rodríguez

DNI: 76908857

Rúa Torre 24

36400 Atios (O Porriño)

Abandono de vehículo

C-6570-AC

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A

OU 134/2003 INRogelio do Espíritu Santo Varela

DNI: OR-006339

Rúa Progreso nº 202

32350 A Rúa

Abandono de vehículo

C-6609-I

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A

OU 138/2003 INJosefa Benéitez Rodríguez

DNI: 34524893

R/ Montemedo nº 1-4º

32004 Ourense

Abandono de vehículo

OR-5644-B

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A

OU 139/2003 INFernando de Sousa Lopes

DNI: 76726170

Irmáns Fernández Álvarez nº 6

32600 Verín

Abandono de vehículo

M-7037-GK

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A

OU 155/2003 INJosé Manuel Ferreiro Carneiro

DNI: 76703762

Benigno Esperón nº 15-2º

36994 Poio

Abandono de vehículo

OR-5156-H

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A

OU 173/2003 INRahail Miloudi

DNI: X-2552001-J

Avda. Coruña nº 125-3º

27003 Lugo

Abandono de vehículo

LU-0577-N

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A

OU 177/2003 INMontejano y Ponchon, S.A.

CIF: A-28047033

General Sanjurjo nº 29

28003 Madrid

Abandono de vehículo

OR-8901-E

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A

OU 186/2003 INLuz Mª Rodríguez Casares

DNI: 34993628

R/ Jaén nº 10

28941 Fuenlabrada (Madrid)

Abandono de vehículo

B-5353-KV

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE