Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 11 de agosto de 2003 Páx. 10.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2003 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro dun local na cidade de Santiago de Compostela para instala-lo arquivo do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme a Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, e o Decreto 312/1999, do 11 de novembro, polo que se refunde a normativa existente en materia de muller, modificado polo Decreto 249/2002, do 18 de xullo,

RESOLVO:

Facer público que, por razóns de extrema urxencia e limitacións do mercado inmobiliario, se xustifica, logo do informe da Intervención Delegada e por proposta do órgano xestor do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro dun local sito no edificio de Área Central, sótano 2, cuadrante noroeste, en Santiago de Compostela, para arquivo do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2003.

Marta González Vázquez

Directora xeral do Servicio Galego de Promoción

da Igualdade do Home e da Muller