Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 11 de agosto de 2003 Páx. 10.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do Parque Eólico Touriñán IV (serra do Moncoso), nos concellos de Monfero, Irixoa e Aranga (A Coruña), promovido pola empresa Eólicos Touriñán, S.A. (Expediente IN661A-99/26).

Examinado o expediente instruído a instancias de Eólicos Touriñán, S.A., con enderezo a efectos de notificacións en Lugar de Ruibo, s/n 15270 Cee (A Coruña), sobre autorización das instalacións do Parque Eólico Touriñán IV (serra do Moncoso); resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 2 de novembro de 1999, Luis Couceiro Sánchez, en nome e representación de Eólicos Touriñán, S.A., solicitou a autorización administrativa do Parque Eólico Touriñán IV (serra do Moncoso), de potencia 25 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto, na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para o trámite en competencia ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, mediante Resolución do 7 de xullo de 2000 da Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, publicada no BOE do 6 de marzo de 2001, e no DOG

do 1 de marzo de 2001 e publicándose unha corrección de erros no BOE do 12 de xullo de 2001 e no DOG do 21 de agosto de 2001. Durante o período de información pública non consta a presentación de solicitudes en competencia.

Terceiro.-O 19 de xullo de 2001, Luis Couceiro Sánchez, en nome e representación de Eólicos Touriñán, S.A., solicitou a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración ambiental e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, do parque eólico denominado Touriñán IV (serra do Moncoso), de 24,75 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, de 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia de aplicación ó expediente en virtude do disposto na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da energía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro do sector eléctrico, Decreto 2617/1966, de 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, Decreto 442/1990, de 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia; Real Decreto 9/2000, de 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño de avaliación de impacto ambiental; Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento de enerxía eólica en Galicia, mediante Acordo do 20 de setembro de 2001 da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, publicado no DOG do 1 de outubro, no BOP da Coruña do 5 de outubro, na La Voz de Galicia do 25 de setembro e no taboleiro de anuncios dos concellos de Monfero, Irixoa e Aranga.

Durante o período de información pública presentouse a seguinte alegación:

O Concello de Irixoa indica que deberán facerse estudios de impacto ambiental rigorosos, en especial no parque que afecta a este concello. Así mesmo, indica que as autoridades autonómicas deberán cerciorarse da rendabilidade futura dos parques, evitando que a súa execución sexa un montaxe para a percepción de subvencións, o cal carretaría que as instalacións estiveran abocadas ó abandono e figurar coma chatarra plantada nos montes. Solicita, por último, un estricto seguimento dos seus efectos ambientais.

Quinto.-O 19 de xullo de 2002, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e

Comercio da Coruña emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, que ten as seguintes características básicas:

Os aeroxeradores localizaranse dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM:

Vértice XVértice Y

582.3274.794.991

582.3084.794.308

582.6514.792.699

582.2754.791.692

582.2454.791.062

582.0234.790.499

581.5704.790.077

581.3724.789.000

581.2624.789.000

581.1664.790.233

581.6504.790.754

581.8364.791.206

581.8544.791.746

582.1604.792.559

581.4524.795.114

Características técnicas do parque:

Número de aeroxeradores: 33.

Potencia unitaria por aeroxerador: 750 KW.

Xeradores: Modelo JACOBS 48/750.

Potencia total instalada: 24,75 MW.

Altura das torres: 50 m.

Diámetro do rótor: 48,4 m.

Producción neta anual prevista: 96.381 MWh/ano.

Investimento previsto: 22.190.655,83 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-33 transformadores de 900 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, situados no interior dos fustes.

-Rede eléctrica soterrada de media tensión a 20 kV para interconexión dos aeroxeradores e estes coa subestación transformadora

-Subestación transformadora á intemperie, equipada con transformador de 35 MVA e relación de transformación 20/66 kV, celas de media tensión 20 kV, transformador de servicios auxiliares de 50 kVA e relación 20/0,24 kV, aparellos de medida, protección, telemando e telecontrol.

Sexto.-O 5 de maio de 2003, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico, desprazándose os aeroxeradores 22 e 23 e as súas infraestructuras asociadas, así como o tramo de vía entre os aeroxeradores 21 e 24, seguindo as condicións sinaladas na citada declaración. A declaración de impacto ambiental foi publicada no DOG do 8 de xullo de 2003, mediante Resolución do 25 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Sétimo.-Por Resolución do 3 de marzo de 2003 desta consellería, publicada no Diario Oficial de Galicia do 11 de marzo de 2003, acordouse que proseguise a tramitación da autorización administrativa do Parque Eólico Touriñán IV.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo xa citado.

Segundo.-Á vista da alegación presentada, da contestación dada a ela por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

En relación ás alegacións presentadas polo Concello de Irixoa, as alegaciones en materia ambiental foron analizadas para a elaboración da declaración de impacto ambiental, sendo estas realizadas dentro do prazo de información pública.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Decreto 2617/1966 sobre autorización de instalaciones eléctricas e no Decreto 205/1995, do 6 de xullo. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

1. Autorizar a Eólicos Touriñán, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Touriñán IV (serra do Moncososo), para unha potencia de 24,75 MW, que se situará nos concellos de Monfero, Irixoa e Aranga.

2. Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

Todo elo de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Eólicos Touriñán, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimiento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes a contar desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 443.813,12 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimiento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Esta fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xun

ta de Galicia, en cualquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de vintedous millóns cento noventa mil seiscentos cincuenta e cinco euros con oitenta e tres céntimos (22.190.655,83 euros).

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Asi mesmo, a Delegación Provincial de Innovación, Industria e Comercio da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuados e verificará o cumprimiento dos compromisos contraídos por Eólicos Touriñán, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimiento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de impacto ambiental do 5 de maio 2003, así como aqueles que no seu día se emitan conforme o disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

Sexta.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas o por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Sétima.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas