Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 11 de agosto de 2003 Páx. 10.493

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2003 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, de tramitación ordinaria, dun contrato de subministración de dous vehículos adscritos ó servicio da Consellería de Innovación, Industria e Comercio. (Expediente 6/03 SX).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 6/03 SX.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: o obxecto deste contrato é a subministración de dous vehículos, para o servicio da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, o citado obxecto dividirase en dous lotes: lote I: adquisición dun vehículo do grupo D-1 (vehículo todoterreo) adscrito ó servicio da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Innovación, Industria e Comercio; e lote II: adquisición dun vehículo do grupo D-2 para a nova Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de dez días a partir da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 30.961,62 euros, IVE incluído, distribuído nos seguintes lotes: lote I: adquisición dun vehículo D-1 cun orzamento máximo de 18.480,81 euros, tendo en conta que unha parte do prezo se pagará en especie coa entrega do vehículo Peugeot 309 valorado en 480,81 euros; lote II: adquisición dun vehículo D-2 cun orzamento máximo de 12.480,81 euros, tendo en conta que unha parte do prezo se pagará en especie coa entrega do vehículo Citroën VISA valorado en 480,81 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo autorizado para o lote ou lotes ofertados (lote I: 369,62 euros; lote II: 249,62 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económica financeira de conformidade co artigo 16.1º a) do TRLCAP, mediante informe das institucións financeiras. Se por razóns xustificadas un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas, poderá acredita-la súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada suficiente pola Administración.

Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, de conformidade co artigo 18.a) do TRLCAP, mediante unha relación das principais subministracións efectuadas durante os últimos tres anos, indicando o seu importe, datas e destinos públicos e privados, á que se incorporarán os correspondentes certificados destes.

Lugar de presentación:

Entidade: Rexistro da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme co artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura das proposicións caera en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: 10.00 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG 17)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio