Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 11 de agosto de 2003 Páx. 10.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Pena Feixa. (Expediente 1/1998).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Eólicos Touriñán, S.A. con enderezo para efectos de notificacións no lugar de Ruibó, s/n, 15000 Cee (A Coruña), sobre autorización de instalacións do parque eólico denominado Pena Feixa; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 14 de xullo de 1998, Luis Couceiro Sánchez, en nome e representación de Eólicos Touriñán, S.A., solicitou a autorización administrativa e aprobación de proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Pena Feixa, de 3 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto, na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía

eólica na Comunidade Autónoma de Galicia de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos

ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-O proxecto do parque eólico Pena Feixa someteuse a información pública para os efectos previstos nos artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; Decreto 2169/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas; Decreto 2617/1966, xa mencionado; ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia; e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, mediante acordo da Delegación Provincial da Coruña do 27 de abril de 1999, publicado no DOG do 31 de maio, no BOP da Coruña do 31 de maio, La Voz de Galicia do 24 de maio, e no taboleiro de anuncios do concello

de Monfero.

Durante o período de información pública non se presentaron alegacións.

Terceiro.-O estudio de efectos ambientais correspondente ás instalacións electromecánicas do parque eólico someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia e Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, por Resolución do 11 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, publicándose no Diario Oficial de Galicia do 12 de xullo, no BOP da Coruña, do 3 de xullo e en La Voz de Galicia do 28 de xuño.

Durante o período de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto.-O 11 de xullo de 2000, o promotor presenta escrito solicitando un cambio relativo ó modelo das máquinas, considerando procedente o dito cambio esta dirección xeral con data 14 de setembro de 2000.

Quinto.-O 26 de xullo de 2001, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da

Coruña emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértice

Pena FeixaMonfero (A Coruña)XY

V580.842,5624.798.617,626

V581.091,7494.798.497,190

V581.099,4024.798.497,590

V581.049,0874.798.185,360

V581.164,3524.797.964,591

V581.179,4934.797,829,014

V580.992,6744.797.817,520

V580.818,7844.798.043,763

Nº de aeroxeradores: 4.

Potencia unitaria por aeroxerador: 750 kW.

Xeradores: JACOBS 48/750.

Potencia total instalada: 3 MW.

Producción anual estimada: 1.770 MWh/ano.

Investimento previsto: 412.379.422 ptas. (2.478.450,24 euros).

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

* 4 transformadores de 800 kVA/u, con tensións de 0,4/20 kV.

* Rede eléctrica subterránea a 20 kV en conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al desde aeroxeradores a C.T. de interconexión.

* Rede eléctrica aérea a 20 kV sobre apoios metálicos e con conductor a LA-56, 375 m de lonxitude, con orixe no C.T. de interconexión e final na liña eléctrica de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. existente na zona.

* Utensilios de protección, mando, sinalización e medida.

Sexto.-Por Resolución do 6 de novembro de 2001 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formúlase a declaración de efectos ambientais do proxecto do parque eólico de Pena Feixa.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, e o Decreto 310/2001, do 17 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, disposición tran-

sitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, e o Decreto 302/2001, do 25 de outubro e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Decreto 2617/1966 e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que lle atribúen os artigos 11 e 14 do Decreto 2617/1966 e o artigo 13 do Decreto 205/1995,

RESOLVE:

* Autorizar a Eólicos Touriñán, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Pena Feixa, que se situará no concello de Monfero.

* Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

* Recoñecer a esa instalación, a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Eólicos Touriñán, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 49.569,00 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 412.379.422 pesetas (2.478.450, 24 euros).

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa desta dirección xeral. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten pro

cedentes, debendo comunicarlle a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Eólicos Touriñán, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no rexistro de instalacións de producción de enerxía eléctrica en réxime especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 6 de novembro de 2001, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden pertinente.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas