Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 11 de agosto de 2003 Páx. 10.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se realiza a publicidade do Acordo do 22 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto da canteira Cuarcitas de Vilagocende, sita no concello da Fonsagrada.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1992, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro) de avaliación de impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo

RESOLVE:

Dar publicidade mediante a presente publicación, ó Acordo do 22 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental da canteira Cuarcitas de Vilagocende, sita no concello da Fonsagrada (Lugo) de promovida por Europizarras, S.A. para aproveitamento de recursos da Sección A) da vixente Lei de minas.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 4,85 ha, no lugar chamado Monte de Freixo, no lugar de Vilagocende, pertenecente á parroquia de Suarna, do concello da Fonsagrada (Lugo), da cal a designación puntual en coordenadas UTM sería x=660.724, y=4.773.044, aproximadamente. Foi incorporada ó expediente do citado aproveitamento e encóntrase ó dispor de calquera interesado nesta delegación provincial.

Lugo, 20 de xuño de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo