Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 08 de agosto de 2003 Páx. 10.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento da resolución da Alcaldía de data 10-7-2003 e do disposto nos artigos 78 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da

Administración local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de obra:

1. Obxecto: construcción dun centro cultural de estudios iberoamericanos Viejo Pancho.

2. Tramitación: urxente.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: concurso.

5. Tipo de licitación e financiamento: 120.000 euros, incluído IVE, financiamento: plurianual segundo prego de condicións.

6. Prazo de execución: 10 meses.

7. Prazo de garantía: un ano contado desde a data de sinatura da acta de recepción das obras.

8. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación. Artigo 35 do TRLCAP.

9. Fianza definitiva: 4% do importe da adxudicación. Artigo 36 do TRLCAP.

10. Clasificación empresarial requirida: C-1-c/K-7-c.

11. Presentación de ofertas: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG, cos requisitos do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello o remitíndoas por correo, comunicándoo, neste caso, mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares está ó dispor de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo, praza de España, nº 1, 27700 Ribadeo (Lugo), teléfono: 982 12 86 50, fax: 982 13 09 75, horario de atención ó público das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

12. Modelo de proposición: o que figura como modelo de proposición no anexo do prego de condicións económico-administrativas particulares.

13. Apertura de proposicións: realizarase de conformidade co previsto no prego de condicións económico-administrativas particulares antecitado.

Ribadeo, 31 de xullo de 2003.

Balbino E. Pérez Vacas

Alcalde