Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 08 de agosto de 2003 Páx. 10.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARMAIOR

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilarmaior.

2. Obxecto do contrato: xestión do servicio público de abastecemento domiciliario de auga potable mediante concesión.

3. Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento de licitación: (co IVE), 20.000 euros/ano.

5. Garantías:

Provisional: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: quince días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello, de 9.00 a 14.00 horas.

7. Apertura das ofertas:

a) Data: o quinto día hábil seguinte ó do remte do prazo de presentación de ofertas, agás sábados.

b) Hora: ás trece horas.

8. Gastos de anuncios:

Os gastos deste anuncio serán por conta do contratista que resulte adxudicatario.

Vilarmaior, 29 de xullo de 2003.

Carlos Vázquez Quintián

Alcalde presidente