Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 08 de agosto de 2003 Páx. 10.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente número 8/2003.

2. Obxecto do contrato: venda das parcelas P-1-A para a actividade de fabricación, construcción e instalación de pantaláns para portos e P-1-B para a actividade de fabricación de estructuras metálicas e caldeireiría pesada, do polígono industrial de Mirallos.

3. Forma de adxudicación: poxa, procedemento restrinxido e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación:

a) Para a parcela P-1-A: 31.000,00 euros.

b) Para a parcela P-1-B: 31.000,00 euros.

5. Presentación de solicitudes de participación: os licitadores presentarán as solicitudes de participación en sobre pechado no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, en horario de 9.00 a 14.00 horas, no prazo de vinteseis días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil), coa documentación que figura na cláusula 7ª do prego.

6. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Moraña, 4 de agosto de 2003.

José A. Eiras Paz

Alcalde