Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 08 de agosto de 2003 Páx. 10.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a notificación do acordo de iniciación de expediente sancionador por infracción en materia de xogo OU-1/03.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa xurídica que a continuación se menciona, á que non se lle puido facer por correo certificado, o acordo de iniciación de expediente sancionador por infracción en materia de xogo.

Número de expediente: OU-1/03.

Nome: empresa operadora Recreativos Enxebres, S.L.

CIF: B-32210445.

Precepto infrinxido: 28 a) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Último domicilio social: A Valenzá 109, baixo, 32890 Barbadás (Ourense).

Sanción: de 18.000 ata 100.000 A.

Desígnase instructora do expediente a xefa do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rosa María Novoa Vega, e secretario o xefe da Sección de Xustiza, Administración Local e Xogo, que poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, sita en avda. Habana, 79-2º (Ourense), e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 agosto.

No caso no que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para resolve-lo expediente sancionador o director xeral de Interior e Protección Civil, en virtude do disposto no artigo 32.1º a) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, modificada pola Lei 3/2002, do 29 de abril, cando a sanción consista nunha multa de ata 60.000 A.

Ourense, 15 de xullo de 2003.

Cristina Fernández Rodríguez

Delegada provincial de Ourense