Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 08 de agosto de 2003 Páx. 10.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para proceder á contratación con carácter de contrato administrativo especial do servicio de cafetería do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa).

De conformidade co disposto no Decreto 125/2002, do 4 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Esta delegación territorial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público por procedemento aberto e trámite de urxencia para proceder á contratación con carácter de contrato administrativo especial do

servicio de cafetería do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa).

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Delegación Territorial de Pesca e Asuntos Marítimos de Pontevedra.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Territorial.

c) Nº de expediente: 1/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de cafetería.

b) Lugar no que está situado: Niño do Corvo na Illa de Arousa.

c) Prazo de execución: ata 31 de decembro de dous mil tres, prorrogable por períodos anuais, ata un máximo de 10 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: o canon mínimo de explotación do servicio de cafetería será de 60 euros anuais.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Territorial de Pesca e Asuntos Marítimos de Pontevedra, Concepción Arenal, 8, 5º andar, 36201 Vigo.

b) Teléfono: 986 81 71 06.

c) Fax: 986 81 71 02.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas. Tódolos días laborables excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo de internet: http:/www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2937.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: solvencia económica, financeira e técnica. Os licitadores a acreditarán en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de 8 días naturais, contados desde o día seguinte o da publicación deste anuncio no DOG. No caso de que o

dito día coincida en domingo ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentar: a indicada no punto 4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro da Delegación Territorial de Pesca e Asuntos Marítimos de Pontevedra, r/ Concepción Arenal, 8 , de Vigo, código postal 36201. Tamén pode enviarse por correo na forma prevista no artigo 80 do Regulamento xeral da lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Territorial de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Domicilio: Concepción Arenal 8, 5º andar, 36201 Vigo.

c) Data: décimo día natural seguinte ó de remata-lo prazo de presentación de propostas. No caso de que o dito día coincida en sábado, domingo ou festivo, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

d) Hora: 10.00 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 18 de xullo de 2003.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL