Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 08 de agosto de 2003 Páx. 10.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto parque eólico de La Celaya. (Expediente 042-EOL).

Mediante Resolución do 3 de marzo de 2003, da Consellería de Innovación, Industria e Comercio

publicouse a relación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos admitidas a trámite ó abeiro da Orde do 13 de novembro de 2002. Na dita resolución inclúese o parque eólico de La Celaya cunha potencia de 28,2 MW.

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, artigo 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal e Decreto 302/2001, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, a solicitude da empresa Desarrollos Eólicos, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio ambiental.

-Autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto parque eólico de La Celaya.

Peticionario: Desarrollos Eólicos, S.A., avda. Montes Sierra, 36-2ª planta, 41007 Sevilla.

Situación: concellos de Abadín o Vilalba (Lugo).

Lugar (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (0.616.000, 4.809.000), V (0.616.000, 4.806.300)

V (0.618.300, 4.803.500), V (0.619.300, 4.803.500)

V (0.619.300, 4.805.900), V (0.618.050, 4.808.500)

V (0.616.600, 4.809.000)

Características técnicas do parque:

-Nº de aeroxeradores: 32.

-Potencia nominal unitaria: 900 kW.

-Potencia total instalada: 28,8 MW.

-Tipo de aeroxerador: Neg Micon NM 900/52.

-Producción neta anual estimada: 88.577 MWh/ano.

-Orzamento total: 23.856.076,96 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-32 aeroxeradores tipo Neg Micon NM 900/52 de 900 kW de potencia nominal unitaria.

-32 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, cos seus correspondentes aparellos de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación 0,69/20 kV e subestación transformadora 20/136 kV do veciño parque eólico de Monseivane.

-Ampliación da subestación transformadora 20/136 kV do veciño parque eólico de Monseivane, para evacuación de enerxía producida no parque eólico de La Celaya, composta por un transformador principal 20/136 kV de 38/48 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 50 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

O que se fai público para coñecemento xeral para que poida examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que se consideren oportunas a este, nesta delegación provincial sita no edificio administrativo Ronda da Muralla, 70 (27071 Lugo), no prazo de 30 días hábiles, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de La Celaya, poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio en Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo, e concellos de Abadín e Vilalba, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante esta delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente xunto, coas alegacións recibidas, remitiránselle á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Lugo, 29 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo