Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 07 de agosto de 2003 Páx. 10.359

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2003 pola que se fai pública a convocatoria e a orde do día do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido no artigo 4 do Decreto 4/1987, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, modificado polo Decreto 195/1991, coa conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro.-Convoca-la preceptiva reunión trianual do Pleno do Consello de Comunidades Galegas para

os días 7, 8 e 9 de novembro de 2003 en Buenos Aires (Arxentina).

Segundo.-A orde do día da devandita reunión será a que figura como anexo á esta orde.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2003.

Aurelio Miras Portugal

Conselleiro de Emigración

ANEXO

Orde do día do pleno do Consello de Comunidades Galegas.

1. Constitución do pleno e apertura das sesións.

2. Informe-balance da xestión realizada no último período pola Consellería de Emigración.

3. Intervencións informativas de membros natos do pleno do consello.

4. Exposición dos textos das catro ponencias establecidas pola comisión delegada na súa última reunión.

a) Asistencia social a emigrantes e retornados.

b) A pervivencia no futuro das nosas comunidades:

-Intercomunicación na Galicia exterior.

-Unión e integración de centros.

c) Preservación do patrimonio actual e legado histórico das comunidades galegas no exterior.

d) A nova cultura galega de cooperación exterior.

5. Estudio de relatorios e comunicacións presentadas en comisións de traballo e preparación de conclusións.

6. Elección dos membros da comisión delegada para o trienio 2004-2006.

7. Sesión plenaria con lectura de conclusións definitivas, quenda de rogos e preguntas, proclamación de membros da comisión delegada e clausura de actos do pleno.