Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 07 de agosto de 2003 Páx. 10.359

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2003 pola que se lles dá publicidade ós acordos do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, de creación de varios ficheiros automatizados de datos de carácter persoal.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación ou modificación dos ficheiros das administracións públicas só se poderán facer mediante a disposición xeral correspondente.

Para tal efecto, o Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), na súa reunión do 4 de xullo, adoptou o acordo de crea-los ficheiros automatizados de datos de carácter persoal denominados:

-Citas.-Control de visitas.-Entidades colaboradoras/provedores.-Fondo de acción social.-Histórico de expedientes.-Solo industrial.

Os textos dos ditos acordos incorpóranse como anexos á presente resolución.

Polo que antecede, e en virtude das facultades que teño conferidas mediante os artigos 12 a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica e 11.1º a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, que aproba o seu regulamento,

RESOLVO:

Facer públicos os acordos do Consello de Dirección do Igape que figuran como anexos a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

ANEXO I

Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica polo que se crea o ficheiro automatizado de datos de carácter persoal Citas

Artigo 1º.-Obxecto.

Créase no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) o ficheiro de datos de carácter persoal denominado Citas.

Artigo 2º.-Finalidade, estructura e usos.

1. O ficheiro ten por finalidade o rexistro e organización do calendario de citas daquelas persoas que piden información das axudas do instituto.

As persoas ou colectivos afectados serán todos aqueles que se poñan en contacto co Igape a través do teléfono de atención ó cidadán.

2. O uso previsto do ficheiro é o control de citas das persoas que piden calquera das axudas do instituto.

Os datos de carácter persoal rexistrados neste ficheiro só serán utilizados para os fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado.

3. A estructura do ficheiro será o de base de datos, no que constarán os seguintes datos de carácter persoal:

1. Nome e apelidos.

2. DNI.

3. Enderezo.

4. Teléfono de contacto.

5. Empresa á que pertence.

6. Actividade da empresa.

Artigo 3º.-Medidas de seguranza.

Este ficheiro clasifícase como de nivel medio, atendendo ó disposto no artigo 4 do Real decreto 994/1999, do 11 de xuño. As medidas de seguranza polas que se rexerá o ficheiro están especificadas no documento de seguranza elaborado polos servicios da Secretaría Xeral do Igape.

Artigo 4º.- Órganos da Administración responsables dos ficheiros.

A responsabilidade sobre os ficheiros automatizados corresponde ó Instituto Galego de Promoción Económica, que adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, dereitos e obrigas recoñecidas na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Artigo 5º.-Dereito de acceso, rectificación e cancelación.

Os dereitos de acceso, rectificación e cancelación poderán exercerse, se for o caso, ante o responsable do ficheiro (Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela).

Artigo 6º.-Procedemento de recolla de datos.

O procedemento de recolla dos datos de carácter persoal realizarase por medio dos datos facilitados polas persoas que chamen ó teléfono de atención ó cidadán.

Artigo 7º.-Comunicación y cesión dos datos.

Non se prevé cesión ou comunicación.

Disposición derradeira

Este acordo entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO II

Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica polo que se crea o ficheiro automatizado de datos de carácter persoal Control de Visitas

Artigo 1º.-Obxecto.

Créase no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) o ficheiro de datos de carácter persoal denominado Control de Visitas.

Artigo 2º.-Finalidade, estructura e usos.

1. O ficheiro ten por finalidade elaborar unha base de datos coas persoas que acceden á sede do instituto.

As persoas ou colectivos afectados serán calquera persoa que acceda ás instalacións do Igape.

2. O uso previsto do ficheiro é o control daquelas persoas que acceden ás instalacións do instituto.

Os datos de carácter persoal rexistrados neste ficheiro só serán utilizados para os fins expresamente

previstos e por persoal debidamente autorizado.

3. A estructura do ficheiro será o de base de datos, no que constarán os seguintes datos de carácter persoal:

1. Nome e apelidos.

2. DNI.

3. Imaxe.

4. Empresa á que pertence.

Artigo 3º.-Medidas de seguranza.

Este ficheiro clasifícase como de nivel medio, atendendo ó disposto no artigo 4 do Real decreto 994/1999, do 11 de xuño. As medidas de seguranza polas que se rexerá o ficheiro están especificadas no documento de seguranza elaborado polos servicios da Secretaría Xeral do Igape.

Artigo 4º.-Órganos da Administración responsables dos ficheiros.

A responsabilidade sobre os ficheiros automatizados corresponde ó Instituto Galego de Promoción Económica, que adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, dereitos e obrigas recoñecidas na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Artigo 5º.-Dereito de acceso, rectificación e cancelación.

Os dereitos de acceso, rectificación e cancelación poderán exercerse, se for o caso, ante o responsable do ficheiro (Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela).

Artigo 6º.-Procedemento de recolla de datos.

O procedemento de recolla dos datos de carácter persoal realizarase por medio dun control que leva o persoal de seguranza do instituto.

Artigo 7º.-Comunicación e cesión dos datos.

Non se prevé cesión ou comunicación.

Disposición derradeira

Este acordo entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO III

Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica polo que se crea o ficheiro automatizado de datos de carácter persoal Entidades Colaboradoras/Provedores

Artigo 1º.-Obxecto.

Créase no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) o ficheiro de datos de carácter persoal denominado Entidades Colaboradoras/Provedores.

Artigo 2º.-Finalidade, estructura e usos.

1. O ficheiro ten por finalidade elaborar unha base de datos con tódolos provedores e entidades colaboradoras do Igape asinantes de convenios.

As persoas ou colectivos afectados serán as persoas de contacto das empresas provedoras e entidades colaboradoras.

2. O uso previsto do ficheiro é o contacto coas persoas representantes das entidades mencionadas.

Os datos de carácter persoal rexistrados neste ficheiro só serán utilizados para os fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado.

3. A estructura do ficheiro será o de base de datos, no que constarán os seguintes datos de carácter persoal:

1. Nome e apelidos.

2. DNI.

3. Enderezo.

4. Teléfono.

5. Empresa á que pertence.

6. Cargo na empresa.

Artigo 3º.-Medidas de seguranza.

Este ficheiro clasifícase como de nivel medio, atendendo ó disposto no artigo 4 do Real decreto 994/1999, do 11 de xuño. As medidas de seguranza polas que se rexerá o ficheiro están especificadas no documento de seguranza elaborado polos servicios da Secretaría Xeral do Igape.

Artigo 4º.-Órganos da Administración responsables dos ficheiros.

A responsabilidade sobre os ficheiros automatizados corresponde ó Instituto Galego de Promoción Económica que adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, dereitos e obrigas recoñecidas na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Artigo 5º.-Dereito de acceso, rectificación e cancelación.

Os dereitos de acceso, rectificación e cancelación poderán exercerse, se for o caso, ante o responsable do ficheiro (Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela).

Artigo 6º.-Procedemento de recolla de datos.

O procedemento de recollida dos datos de carácter persoal realizarase por medio dos datos que foron obtidos na redacción dos distintos contratos ou convenios de colaboración.

Artigo 7º.-Comunicación e cesión dos datos.

Non se prevé cesión ou comunicación.

Disposición derradeira

Este acordo entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO IV

Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica polo que se crea o ficheio automatizado de datos de carácter persoal Fondo de Acción Social

Artigo 1º.-Obxecto.

Créase no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) o ficheiro de datos de carácter persoal denominado Fondo de acción social.

Artigo 2º.-Finalidade, estructura e usos.

1. O ficheiro ten por finalidade elaborar unha base de datos do persoal do Igape que pida axudas con cargo ó Fondo de Acción Social deste.

As persoas ou colectivos afectados serán os membros do cadro de persoal do Igape que solicite as ditas axudas.

2. O uso previsto do ficheiro é a concesión de axudas ós solicitantes con cargo ó Fondo de Acción Social.

Os datos de carácter persoal rexistrados neste ficheiro só serán utilizados para os fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado.

3. A estructura do ficheiro será o de base de datos, no que constarán os seguintes datos de carácter persoal:

1. Nome e apelidos.

2. DNI.

3. Minusvalideces do solicitante e dos seus familiares.

4. Lugar e data de nacemento.

5. Estado civil.

6. Idade.

7. Categoría profesional dentro do Igape.

8. Ingresos, rendas, créditos bancarios.

9. Datos bancarios (CCC).

10. Bens e servicios recibidos polo interesado.

Artigo 3º.-Medidas de seguranza.

Este ficheiro clasifícase como de nivel alto, atendendo ó disposto no artigo 4 do Real decreto 994/1999, do 11 de xuño. As medidas de seguranza polas que se rexerá o ficheiro están especificadas no documento de seguranza elaborado polos servicios da Secretaría Xeral do Igape.

Artigo 4º.-Órganos da Administración responsables dos ficheiros.

A responsabilidade sobre os ficheiros automatizados corresponde ó Instituto Galego de Promoción Económica que adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, dereitos e obrigas recoñecidas na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Artigo 5º.-Dereito de acceso, rectificación e cancelación.

Os dereitos de acceso, rectificación e cancelación poderán exercerse, se for o caso, ante o responsable do ficheiro (Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela).

Artigo 6º.-Procedemento de recolla de datos.

O procedemento de recolla dos datos de carácter persoal realizarase por medio das propias solicitudes feitas polo persoal do Igape ó Fondo de Acción Social.

Artigo 7º.-Comunicación e cesión dos datos.

Non se prevé cesión ou comunicación.

Disposición derradeira

O presente acordo entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO V

Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica polo que se crea o ficheiro automatizado de datos de carácter persoal Histórico de Expedientes

Artigo 1º.-Obxecto.

Créase no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) o ficheiro de datos de carácter persoal denominado Histórico de Expedientes.

Artigo 2º.-Finalidade, estructura e usos.

1. O ficheiro ten por finalidade gardar información histórica de tódolos expedientes tramitados polo Igape.

As persoas ou colectivos afectados serán tódolos que algunha vez solicitaron axudas e tramitaron un expediente no Igape.

2. O uso previsto do ficheiro é o control histórico de expedientes tramitados.

Os datos de carácter persoal rexistrados neste ficheiro só serán utilizados para os fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado.

3. A estructura do ficheiro será o de base de datos, no que constarán os seguintes datos de carácter persoal:

1. Nome e apelidos.

2. DNI.

3. Número da Seguridade Social.

4. Lugar e data de nacemento.

5. Teléfono.

6. Estado civil.

7. Idade.

8. Réxime económico matrimonial.

9. Ingresos, rendas, plans de pensións, hipotecas, créditos bancarios.

10. Datos bancarios (CCC).

11. Formación e titulación do solicitante.

12. Participación no capital social da empresa á que pertence.

13. Actividade da empresa.

14. Bens e servicios recibidos polo interesado.

15. Bens e servicios subministrados polo interesado.

16. Datos fiscais.

Artigo 3º.-Medidas de seguranza.

Este ficheiro clasificase como de nivel medio, atendendo ó disposto no artigo 4 do Real decreto 994/1999, do 11 de xuño. As medidas de seguranza polas que se rexerá o ficheiro están especificadas no documento de seguranza elaborado polos servicios da Secretaría Xeral do Igape.

Artigo 4º.-Órganos da Administración responsables dos ficheiros.

A responsabilidade sobre os ficheiros automatizados corresponde ó Instituto Galego de Promoción Económica, que adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, dereitos e obrigas recoñecidas na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Artigo 5º.-Dereito de acceso, rectificación e cancelación.

Os dereitos de acceso, rectificación e cancelación poderán exercerse, se for o caso, ante o responsable do ficheiro (Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela).

Artigo 6º.-Procedemento de recolla de datos.

O procedemento de recolla dos datos de carácter persoal realizarase por medio dos datos existentes no instituto, e que foron obtidos polas solicitudes tramitadas no seu día.

Artigo 7º.-Comunicación e cesión dos datos.

Non se prevé cesión ou comunicación.

Disposición derradeira

Este acordo entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO VI

Acordo do Consello de Direccióndo Instituto Galego de Promoción Económica polo que se crea o ficheiro automatizado de datos de carácter persoal Solo Industrial

Artigo 1º.-Obxecto.

Créase no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) o ficheiro de datos de carácter persoal denominado Solo Industrial.

Artigo 2º.-Finalidade, estructura e usos.

1. O ficheiro ten por finalidade elaborar unha base de datos con persoas de contacto das empresas situadas en polígonos industriais.

As persoas ou colectivos afectados serán membros de calquera empresa que teña a súa sede nun polígono industrial na Comunidade galega.

2. O uso previsto do ficheiro é o mantemento dun catastro de empresas dos citados polígonos.

Os datos de carácter persoal rexistrados neste ficheiro só serán utilizados para os fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado.

3. A estructura do ficheiro será o de base de datos, no que constarán os seguintes datos de carácter persoal:

1. Nome e apelidos.

2. DNI.

3. Enderezo.

4. Teléfono de contacto.

5. Actividade da empresa.

Artigo 3º.-Medidas de seguranza.

Este ficheiro clasifícase como de nivel medio, atendendo ó disposto no artigo 4 do Real decreto 994/1999, do 11 de xuño. As medidas de seguranza polas que se rexerá o ficheiro están especificadas no documento de seguranza elaborado polos servicios da Secretaría Xeral do Igape.

Artigo 4º.-Órganos da Administración responsables dos ficheiros.

A responsabilidade sobre os ficheiros automatizados corresponde ó Instituto Galego de Promoción Económica, que adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, dereitos e obrigas recoñecidas na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Artigo 5º.-Dereito de acceso, rectificación e cancelación.

Os dereitos de acceso, rectificación e cancelación poderán exercerse, se for o caso, ante o responsable do ficheiro (Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela).

Artigo 6º.-Procedemento de recolla de datos.

O procedemento de recolla dos datos de carácter persoal realizarase por medio do convenio con Fegape (Federación Galega de Parques Empresariais).

Artigo 7º.-Comunicación e cesión dos datos.

Non se prevé cesión ou comunicación.

Disposición derradeira

Este acordo entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA