Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 07 de agosto de 2003 Páx. 10.340

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 338/2003, do 24 de xullo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da autovía Ferrol-Vilalba. Treito: núcleo urbano As Pontes de García Rodríguez-Cabreiros. (Clave: GA/00/77.1).

Con data do 25 de xuño de 2003, o director xeral de obras públicas, por delegación do conselleiro de

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto de trazado da autovía Ferrol-Vilalba. Treito: núcleo urbano As Pontes de García Rodríguez-Cabreiros. (Clave: GA/00/77.1).

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración de urxente ocupación pola súa incidencia na seguridade vial, toda vez que os usuarios podrán utilizar, para os seus desprazamentos, unha vía de alta capacidade, vía con parámetros e características que melloran, sustancialmente, as condicións de circulación das estradas convencionais e, ó mesmo tempo, con tal actuación consíguese avanzar no cumprimento dos obxectivos recollidos no Plan de infraestructuras viarias das comarcas de Ferrolterra, Eume, Ortegal e Mariña Lucense (que, entre outros, vertebran o territorio cun eixe de comunicación que afecta a máis de 200.000 habitantes e que une as comarcas citadas entre sí, co norte da

provincia e coa Meseta) aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 6 de abril de 2001, equilibradores da construcción da autovía do Cantábrico polo Ministerio de Fomento así como nos do Plan de dinamización económica -Plan Galicia, aprobado polo Consello da Xunta o 23 de xaneiro de 2003.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 8 da Lei 25/1988, do 29 de xullo, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día vintecatro de xullo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación no proxecto de trazado da autovía Ferrol-Vilalba. Treito: núcleo urbano As Pontes de García Rodríguez-Cabreiros. Clave: GA/00/77.1.

Santiago de Compostela, vintecatro de xullo de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Alberto Núñez Feijoo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda