Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 06 de agosto de 2003 Páx. 10.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ANUNCIO do 15 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se somete a información pública a petición da concesión de actividade para a posta en funcionamento e explotación dun establecemento de cultivos mariños.

Para os efectos previstos na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e no Decreto 274/2003, do 9 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre, sométese a infor

mación pública la petición de concesión de actividade do establecemento que se describe:

-Tipo: criadeiro.

-Nome: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Actividade: reproducción no inicio do ciclo vital.

-Especies: moluscos bivalvos.

-Situación: porto de Camariñas (A Coruña).

Solicitante: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. DNI/CIF: S-1511001-H.

O expediente, integrado polo proxecto e documentación complementaria, estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que estime oportunas.

Prazo de exposición: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de exhibición: Servicio de Acuicultura. Dirección Xeral de Recursos Mariños. Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Rúa do Valiño, 63-65-baixo, San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Horas: de 9.00 a 14.00 horas.

Prazo para formular alegacións: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2003.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños