Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 06 de agosto de 2003 Páx. 10.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Redeiras da Mariña.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Redeiras da Mariña que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: interprovincial (A Coruña e Lugo).

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas redeiras que desenvolvan a súa actividade profesional nos concellos de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo

na provincia de Lugo e dos concellos de Mañón e de Ortigueira na provincia da Coruña.

Asinan a acta de constitución: Antonia Meitín Solloso, e dez persoas máis.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais