Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 06 de agosto de 2003 Páx. 10.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2003 pola que se acorda a publicación dun concurso de ideas e achegamento de solucións técnicas para a redacción dun proxecto de construcción dun buque de apoio convocado por resolución da propia consellería do 25 de xuño de 2003.

1. Entidade convocante: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia.

Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, nº 5-2ª planta.

Cidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781, España.

Teléfono: 981 54 40 77-981 95 70 46.

Telefax: 981 54 40 31.

2. Descrición do obxecto: concurso de ideas e achegamento de solucións técnicas, no que basea-la

redacción dun proxecto para a construcción dun buque de apoio.

3. Tipo de concurso: aberto de ideas e achegamento de solucións técnicas.

4. Data límite de recepción de traballos: 5 de setembro de 2003.

5. Condición requirida ós concursantes:

Oficinas técnicas: cualificación norma ISO 9001 ou equivalente.

Estaleiros: cualificación de calidade ISO 9002 ou equivalente.

6. Criterio para valora-los traballos: conforme o establecido no punto 5.2 do prego de bases deste concurso.

7. Composición do xurado: conforme o establecido no punto 5.1. do prego de bases deste concurso.

8. Posibilidade de que a decisión do xurado sexa obrigatoria para o poder convocante: o convocante resolverá o concurso conforme os criterios e proposta adoptados polo xurado.

9. Número e importe dos premios: outorgarase un único premio polo importe de doce mil euros (12.000,00 A).

10. Pagamento ó concursante gañador: o premio pagarase ó concursante gañador previa a instrucción do expediente de pagamento oportuno e a retención, se é o caso, do importe correspondente ós posibles impostos fiscais.

11. Data de envío deste anuncio ó DOCE: 15 de xullo de 2003.

12. Obtención de documentación e información: no enderezo da entidade convocante sinalado no punto 1, na páxina web da propia entidade convocante:

http://www.xunta.es/NewPesca/NoticiasPesca.nsf/NovConsellería

Así como na páxina da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp? N= 2840

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos