Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 06 de agosto de 2003 Páx. 10.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial regulado polo Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, do parque eólico denominado Gamoide. (Expediente 074-EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Eurovento, S.L. Unipersonal con enderezo para efectos de notificacións en rúa Varsovia 4 C, 5º planta, Área Central-As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, sobre o asunto arriba epigrafiado referente ás instalacións do parque eólico denominado Gamoide; resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-Por Resolución do 19 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo, publicada no DOG nº 63, do 29 de marzo e no BOE do 29 de marzo de 2001, someteuse a información pública a petición para os efectos de presentación de solicitudes en competencia da autorización administrativa do parque eólico Gamoide, non tendo presentado, no prazo de 20 días establecido, ningún proxecto en competencia.

Segundo.-O 23 de maio de 2001, José Manuel Pazo Paniagua, en nome e representación de Eurovento S.L. Unipersonal, solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Gamoide, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25

de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Terceiro.-O proxecto do parque eólico Gamoide someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa mencionados, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de

Lugo do 30 de xullo de 2001, publicada no BOP de Lugo do 14 de agosto, nos diarios El Progreso e La Voz de Galicia do 10 de agosto, no DOG do 9 de agosto, no BOE do 11 de agosto de 2001 e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Cervo, Foz e O Valadouro.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. José Manuel Balseiro Orol, primeiro tenente de alcalde do Concello de Cervo, formulou, no seu escrito do 14 de setembro de 2001, unha serie de alegacións ó proxecto sectorial do parque eólico de referencia nas que fai referencia á súa autonomía como administración local competente. Por outra parte, e no mesmo escrito, ínstase a que os posibles danos que se realicen sobre os diferentes servicios municipais que se vexan afectados pola construcción do parque sexan restaurados ó seu estado orixinal por parte da empresa promotora.

2. Francisco Jaureguizar Isasi, administrador solidario da empresa Silicatos Minerales, alega, no seu escrito do 30 de agosto de 2001, que a citada empresa posúe a concesión de explotación mineira Francisquito nº 5037, outorgada no ano 2000 e dedicada á explotación de feldespato e cuarzo, utilizando, nos labores de explotación, tanto maquinaria pesada como explosivos. No mesmo escrito, a devandita empresa mineira, oponse a calquera tipo de ocupación da superficie pertencente á citada concesión por parte do parque eólico de Gamoide, xa que os devanditos labores de explotación poden ser, nalgún momento, non compatibles coa instalación do parque proxectado.

Cuarto.-O 12 de xullo de 2001, o xefe do servicio de Industria da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo, emitiu informe favorable sobre o devandito proxecto, o cal ten as seguintes características básicas:

Municipios afectados: Cervo, Foz e O Valadouro.

Localización e coordenadas poligonais:

Vértice XVértice Y

627.0004.828.320

627.8204.829.050

629.6304.831.970

630.8604.832.700

630.8604.833.372

632.0914.832.905

630.5904.831.920

630.7704.831.640

630.5204.831.480

630.3204.831.790

629.9404.831.700

629.9404.830.540

628.7904.828.700

627.7404.827.430

627.0004.827.380

Características técnicas da infraestructura eléctrica de producción, transformación e interconexión:

Nº de aeroxeradores: 25.

Potencia unitaria por aeroxerador: 1.300 kW.

Tipo de aeroxerador: Bazán-Bonus 1,3 MW.

Potencia total instalada: 32,5 MW.

Altura das torres: 55 m.

Diámetro do rotor: 62 m.

Producción anual estimada: 89.100 MWh/ano.

Investimento previsto: 24.514.523,7 euros.

-25 centros de transformación (situados no interior de cada aeroxerador) de 1.600 kVA, 0,69/30 kV e a súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Rede colectora subterránea de media tensión para evacua-la enerxía a 30 kV dos centros de transformación, interconectándoos coas celas de 30 kV da subestación 30/132 kV do veciño parque eólico de Buio.

Quinto.-O 20 de marzo de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental do devandito parque eólico, nas condicións sinaladas pola dita declaración de impacto.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, Decreto 302/2001, do 25 de outubro e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista da alegación presentada, queda de manifesto que:

1. As alegacións relativas ó proxecto sectorial de incidencia supramunincipal do parque eólico que nos afecta, non son obxecto deste expediente, correspondendo a súa contestación ó momento oportuno da tramitación do devandito sectorial.

2. Con relación á alegación concreta do Concello de Cervo, referente ós posibles danos que se poidan causar sobre os diferentes servicios municipais e a súa restauración, esta dirección xeral informa que a devandita alegación foi tomada en consideración por parte da empresa promotora, a cal non mostrou obxeción á indemnización e reparación dos danos sempre que os devanditos danos sexan derivados da actividade da empresa.

3. Con relación á alegación realizada, ante a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo o 31 de agosto de 2001, por parte da empresa Silicatos Minerales faise constar que esta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas resolveu abrir trámite de audiencia para así proceder a determina-la compatibilidade ou incompatibilidade, dos aproveitamentos públicos en xogo, o cal se resolverá no momento do procedemento oportuno.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedimentais sinalados no Decreto 2617/1966 e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autorizar a Eurovento, S.L. Unipersonal a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico nomeado Gamoide, cunha potencia total instalada de 32,5 MW.

-Aproba-lo proxecto de execución da devandita instalación.

-Recoñecer a esa instalación, a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998, e incluíla no grupo b.2 do artigo 2 do devandito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Eurovento S.L. Unipersonal, para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 490.290,47 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A devandita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 24.514.523,7 euros.

Terceira.-O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construcción e despois da súa posta en servicio, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Cuarta.-En todo momento deberá cumprirse canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación, e as súas instruccións técnicas complementarias segundo

Decreto 3275/1982, do 12 de novembro e ordes posteriores, así como demais normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación.

Quinta.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo, poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Sexta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Eurovento S.L. Unipersonal no seu plan eólico.

Sétima.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir esta no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde.

A instalación adaptarase ó procedemento de captación e procesamento de datos de producción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde do 29 de xullo de 2002 (DOG do 13 de agosto).

Oitava.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de impacto ambiental do 20 de marzo de 2002, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 7.1º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Novena.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Décima.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria

e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas