Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 06 de agosto de 2003 Páx. 10.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos de urxente ocupación a L.M.T., C.T. e R.B.T. de Vilargavín no concello de Guitiriz. (Expediente 23/2001 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para os efectos de notificación na rúa Arteixo, 171, A Coruña, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Visto que durante o período no que se someteu o expediente ó trámite de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Magín López Paz quen manifesta que é o titular actual do predio identificado co nº 6 do plano parcelario do presente proxecto, afectada polo trazado da liña que nos ocupa, trala súa compra ó anterior titular segundo acredita con escritura de compravenda. Toda vez que este predio non foi incluído na relación de bens e dereitos que hai que expropiar, debido a que a empresa beneficiaria chegara a un acordo co anterior propietario, o alegante solicita que sexa tida en conta a súa condición de actual titular do predio en cantas actuacións administrativas se leven a cabo na tramitación deste expediente.

Considerando que tales alegacións, vista a contestación a elas por parte da empresa promotora e do resto da documentación que figura no expediente, nin impiden continuar coa tramitación do expediente polas seguintes razóns:

1. Por canto se lle recoñece, por parte da empresa beneficiaria a condición de propietario do predio nº 6 do proxecto a Magín López Paz, incluíndo na relación de bens e dereitos afectados esta parcela co fin de que se entendan co alegante, como interesado no expediente, tódalas actuacións que implique a súa tramitación.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que a liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non se dá ningunha limitación sobre os predios en expropiación, ós que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 57 da Lei 54/1997.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e vista a Lei 54/1999, de 27 de novembro e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. ó C.T. de Tiñaz e remate no C.T. proxectado de Vilargavín de 844 metros de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.

2. Centro de transformación aéreo de intemperie de Vilargavín de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Rede de baixa tensión aérea de Vilagavín de 220 metros de lonxitude a 380/220 V, sobre apoios de formigón e madeira en conductor R.Z.

4. Rede de baixa tensión aérea de Tiñaz de 665 metros de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón e madeira en conductor R.Z.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, da necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó proxecto de execución denominado L.M.T., C.T. e R.B.T. en Vilargavín e o seu anexo, asinado polo enxeñeiro técnico industrial José María Fernández Rey, e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña co número 015131 o 17-9-2001 e 28-10-2002 respectivamente, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo II, título VII do citado Real decreto 1955/2000 e visto o contido dos informes técnicos de datas 14 de marzo e 26 de xuño de 2003.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios en relacion coas instalacións autorizadas.

Cuarto.-En cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiacion forzosa do 16 de decembro de 1954, acordo que o representante da Administración dea comezo, na data e na hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación publicada no diario El Progreso do 4 de abril, Diario Oficial de Galicia do 5 de maio e no BOP de Lugo do 11 de abril de 2003, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial e no taboleiro de edictos do Concello de Guitiriz. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Innovación, Industria

e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses por parte dos interesados.

Lugo, 26 de xuño de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo