Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 06 de agosto de 2003 Páx. 10.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/68-2, 6046 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Título: L.M.T., C.T e R.B.T. en Grallas.

Situación: O Páramo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con orixe na L.M.T a C.T.I de Castrelo e final en C.T.I. de Grallas cunha lonxitude de 865 m.

-C.T. tipo intemperie cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 2.000/380-220 V.

-R.B.T. aérea cunha lonxitude de 105 m con orixe en C.T.I. Grallas, conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 27 de xuño de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo