Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 06 de agosto de 2003 Páx. 10.299

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE FERROL

EDICTO (113/2002).

María Fernanda Ulloa Rodríguez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Ferrol, dou fe de que no cartafol de sentencias e autos definitivos deste xulgado consta a que, no seu encabezamento e parte dispositiva, di así: «En Ferrol, dezanove de febreiro de dous mil tres. Vistos por Alejandro Morán Llordén, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número seis da dita localidade e o seu partido xudicial, os autos de xuízo especial sobre garda e custodia de alimentos número 113 de 2002, sustanciados polas normas dos artigos 748 e seguintes da Lei de axuizamento civil, 769 e seguintes da mesma lei, en relación cos trámites de xuízo verbal, seguidos por instancia de Juana María López Marqués, maior de idade, veciña de Narón, con domicilio en Linares Rivas, número 1-3, 1º dereita, A Gándara, con DNI número 32654522-L, representada pola procuradora Ana Belén Seco Lamas, baixo a dirección da letrada Sandra María Suárez Pérez, ámbalas dúas designadas en

quenda de oficio, contra Eduardo Vázquez Pichín, maior de idade, veciño de Narón, con domicilio en Xubia, rúa Portazgo, número 22-baixo, con DNI número 32662253-E, en situación procesual de rebeldía, sendo igualmente parte o Ministerio Fiscal, veu dictar, en nome de El-Rei, a seguinte sentencia. Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito. Decido que estimando como estimo integramente a demanda interposta pola procuradora Sra. Seco Lamas, en nome e representación de Juana María López Marqués, contra Eduardo Vázquez Pichín, rebelde, debo declarar e declaro a garda e custodia sobre os dous fillos menores, Enrique e José Manuel Vázquez López, a favor da nai, se ben presentando ámbolos dous proxenitores a patria potestade; establecéndose a favor do demandado un réxime de visitas respecto deles de fins de semana alternos, desde as 11.00 horas do sábado ata as 20.00 horas do domingo e metade dos períodos vacacionais de Nadal, Semana Santa e verán, elixindo a nai tales períodos os

anos pares e o pai os impares; debendo o demandado entregar á demandante, en concepto de alimentos ós menores a suma de 150 euros, dentro dos cinco primeiros días de cada mes, actualizable anualmente segundo as oscilacións do IPC, así como ó pagamento das custas. Contra esta resolución, que non é firme, cabe recurso de apelación para preparar dentro dos cinco días seguintes á súa notificación na forma prevista no artigo 457 da Lei de axuizamento civil. Así, por esta miña sentencia, o orixinal da cal custodiará no cartafol correspondente, levándose testemuño literal ó xuízo da súa referencia, definitivamente xulgando, en primeira instancia, o

pronuncio, mando e asino. Alejandro Morán Llordén. Rubricado. Seguen as sinaturas.».

E para que conste e notificarlle ó demandado rebelde Eduardo Vázquez Pichín, actualmente en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto en Ferrol, dez de xullo de dous mil tres.

A secretaria xudicial

Rubricado