Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 06 de agosto de 2003 Páx. 10.298

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2003, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 11 de novembro de 2002, pola que se ordena a publicación da proposta de relación de aspirantes que superaron as devanditas probas selectivas.

Na sesión do tribunal designado para xulga-las antedidas probas selectivas, que tivo lugar o día 30 de xullo, acordouse, de conformidade co disposto na base IV.1 da citada convocatoria, facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións alcanzadas, con indicación do seu documento nacional de identidade.

Así mesmo, e tal e como esixe a xa mencionada base, acordouse que o tribunal lle envíe á directora xeral da Función Pública a aludida relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, con indicación da puntuación acadada en cada un dos exercicios, para os efectos de que os que figuren na dita proposta sexan nomeados funcionarios de carreira.

A orde de puntuación dos devanditos aspirantes establécese de acordo coa que resulte da suma das puntuacións obtidas na oposición, tal e como dispón a base II.3.8 da convocatoria, e é a que figura no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2003.

Javier Suárez García

Presidente do tribunal

ANEXO

Acceso libre (puntuacións)

DNITotal

Conde Castelo, Samuel32.836.912273,6Apto18252295,6

Novo Castro, Mª Isabel33.329.649212,8Apta21,523,52088,8

Ruíz Cotelo, Paula32.822.37525,52,9Apta1917,511882,91

Rodríguez Mujico, Mª del Carmen33.262.293212,8Apta18181978,8

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE FERROL