Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 06 de agosto de 2003 Páx. 10.299

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (284/2003).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 284/2003, seguidos por instancia de Silvia Vila Redondo contra Confecciones Asturgal, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 2 de xullo de 2003 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Silvia Vila Redondo, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Confecciones Asturgal, S.L., que á súa elección, no prazo de cinco días, a readmita no seu posto e condicións de traballo ou a indemnice coa cantidade de 155,69 euros, así como a aboarlle en concepto de salarios de tramitación a cantidade de 3.070, 45 euros.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sala do social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Prevese a empresa demandada que para recorrir deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 0284.03 de Banesto, desta cidade, denominada conta do Xulgado do social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito; sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Confecciones Asturgal, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 3 de xullo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA