Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 05 de agosto de 2003 Páx. 10.255

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (881/2002).

Eu, Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un de Lugo, dou fe e testemuño que nos autos de xuízo número 881/2002, seguidos por instancia de Rubén Casas Limia e outros contra a empresa Tasman Dims, S.A. e outras sobre cantidade, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia.-Lugo, 10 de abril de 2003.

Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 881/2002, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandante, Rubén Casas Limia, Eugenio Díaz Pita e Francisco Antonio Otero Ares, representados polo letrado Antonio Grandal Pita e, como parte demandada, a empresa Aluminio Español, S.A.-Alúmina Española, S.A., representada polo letrado Francisco José Castiñeira Martínez. Non compareceu a empresa codemandada Tasman Dims, S.A. malia estar citada en legal forma.

Decido que estimando a demanda sobre cantidade interposta por Rubén Casas Limia, Eugenio Díaz Pita e Francisco Antonio Otero Ares, debo condenar e condeno a empresa Tasman Dims, S.A. a lles satisfacer ós demandantes a suma bruta respectiva de dous mil cento vinte euros con trinta e catro céntimos de euro (2.120,34 euros), cinco mil vintecatro euros con sesenta e cinco céntimos de euro (5.024,65 euros) e tres mil cincocentos cincuenta e seis euros con setenta e seis céntimos de euro (3.556,76 euros), polos conceptos expresados no feito probado quinto desta resolución, máis o xuro anual do 10% computado desde a data desta sentencia ata o seu completo pagamento ou liquidación.

Absólvese a empresa codemandada Aluminio Español, S.A.-Alúmina Española, S.A., por non lle alcanzar ningunha responsabilidade na litis.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-60- nº de autos 881/2002, que este Xulgado do Social ten aberta na entidade Banesto, sucursal da rúa San Marcos nº 3, 27001 desta cidade, a cantidade obxecto da condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse

consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de se-lo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo

a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 150,25 euros prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65 nº de autos 881/2002 da entidade Banesto, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de seren as empresas demandadas as que o interpuxesen, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Tasman Dims, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo, o nove de xullo de dous mil tres.