Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 05 de agosto de 2003 Páx. 10.255

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (399/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 399/2003, por instancia de Óscar David Pardo Medín contra a empresa SUC Noroeste Servicios, S.L., sobre despido, dictouse a seguinte:

«Sentencia.-Na cidade da Coruña, o 6 de xuño de 2003.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 399/2003, seguidos por instancia de Óscar David Pardo Medín, maior de idade, asistido polo letrado Francisco Valiño Ferreiro, contra a empresa SUC Noroeste Servicios, S.L., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereitos.

Decido que estimando a demanda interposta por Óscar David Pardo Medín, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa SUC Noroeste Servicios, S.L. e extinguida a relación laboral na data desta resolución, condenando á empresa a que aboe ó actor a cantidade de 1.781,41 euros en concepto de indemnización máis 895,80 euros por salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidad de obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o catro de xuño de dous mil tres.

O secretario xudicial

Rubricado