Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se lle concede ó Centro de Formación Ocupacional de Viveiro a renovación da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor autorizado de calefacción e auga quente sanitaria (AQS).

Examinado o escrito presentado por José Luis Pérez Fraga, en representación do Centro de Formación Ocupacional de Viveiro, no que se solicita a renovación da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor autorizado de calefacción e auga quente sanitaria (AQS).

Feitos.

Primeiro.-Con data do 12 de marzo de 2003, José Luis Pérez Fraga, en representación do Centro de Formación Ocupacional de Viveiro, presentou un escrito solicitando, ó amparo da Orde do 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial, que lle fose concedida a renovación da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos

nos ámbitos solicitados. Para tal efecto, achega a documentación esixida no artigo trece da citada orde.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, nos RR.DD. 1634/1980, do 31 de xullo, e 2563/1982, do 24 de xullo, nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro, e 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, con relación á Orde do 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial, e demais lexislación concordante.

Segundo.-A documentación presentada por José Luis Pérez Fraga acredita que o Centro de Formación Ocupacional de Viveiro cumpre coas esixencias establecidas no artigo 13 da Orde do 27 de decembro de 2000 para a súa actuación nos ámbitos e categorías solicitadas.

Terceiro.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentariamente establecidos.

Esta dirección xeral de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Outorgarlle ó Centro de Formación Ocupacional de Viveiro a renovación da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor autorizado de calefacción e auga quente sanitaria (AQS), no ámbito da provincia de Lugo, de conformidade co establecido no capítulo quinto da Orde do 27 de decembro de 2000.

Segundo.-Para imparti-los cursos deberase comunicar á Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio en Lugo, antes do inicio destes, o programa, profesorado, listaxes de alumnos e lugar, horario e data dos exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Terceiro.-Esta autorización deberá ser renovada ós dous anos, para o que se deberá acreditar ante a dirección xeral competente en materia de industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Cuarto.-As entidades recoñecidas quedan obrigadas a comunica-los cambios que se poidan producir na súa estructura de persoal durante o período de validez da autorización, así como a presentar anualmente unha memoria na que se detallen as actividades desenvolvidas.

Quinto.-Esta autorización poderá ser revogada, mediante resolución motivada polo director xeral competente en materia de Industria, no caso de que se incumpran as obrigas e compromisos que resultan do disposto na Orde do 27 de decembro de 2000.

Notifíquese esta resolución ó interesado, facendo constar que poderá interpor recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó de notificación, ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas