Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/50-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Augusto Feijoo, S.L.L.

Domicilio social: Sampaio, estrada Baltar-Calvos de Randín, 30, 32632 Baltar.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., para serradoiro de pedra.

Situación: San Paio-Baltar.

Características técnicas: liña aérea a 20 kV de 65 m con orixe na L.M.T. Fornadeiros-Randín e con remate no C.T. proxectado aéreo con 160 kVA, R/T 20.000/380-220 V, e segue en B.T. ata a nave do serradoiro de pedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 24 de abril de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense