Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 01 de agosto de 2003 Páx. 10.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se fai público o Acordo do 6 de febreiro de 2003 sobre a necesidade de avaliación de impacto ambiental dos proxectos de centros de recollida e descontaminación de vehículos ó final da súa vida útil promovidos polas empresas que se sinalan (Desguaces Ras, S.L. e dezanove máis).

O Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, modificado pola Lei 6/2001, do 8 de maio, establece que os proxectos, públicos ou privados, consistentes na realización das obras, instalacións ou de calquera outra actividade comprendida no anexo II deste real decreto lexislativo, só deberán someterse a unha avaliación de impacto ambiental na forma prevista nesta disposición, cando así o decida o órgano ambiental en cada caso. A decisión, que deberá ser motivada e pública, axustarase ós criterios establecidos no anexo III.

Os proxectos dos centros de recollida e descontaminación dos vehículos ó final da súa vida útil, tipifícanse na categoría de proxectos do anexo II da Lei 6/2001, grupo 9, outros proxectos; letra d) instalacións de almacenamento de chatarra, incluídos vehículos desbotados e instalacións de desmantelamento.

A Subdirección Xeral de Calidade Ambiental da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, de acordo co establecido no artigo 2.3º do Real decreto lexislativo 1302/1986, segundo a redacción dada na Lei 6/2001, do 8 de maio, remitiu á Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental, con datas do 24 de outubro e 7 de novembro de 2002, os expedientes relativos a varias instalacións de desmantelamento de vehículos desbotados, co obxecto de determina-la necesidade do seu sometemento ó procedemento de avaliación de impacto ambiental.

A actividade dos centros de recollida e descontaminación dos vehículos ó final da súa vida útil obxecto desta resolución, consiste na recepción, descontaminación, desmontaxe e clasificación das partes e materiais susceptibles de reutilización, reciclaxe ou valorización así como a posterior venda

das pezas recuperables. Algúns deles, ademais, inclúen o servicio de recollida e transporte do vehículo ata as súas instalacións. Tanto os residuos producidos na operación de descontaminación como os restos dos vehículos non utilizables serán recollidos por empresas autorizadas.

A relación dos promotores e localización dos centros é a que se mostra na seguinte táboa:

PromotorEmprazamento

Desguaces Ras, S.L.Seixiños s/n, Vilasobroso

Concello de Mondariz (Pontevedra)

Hierros Varela Urbieta, S.A.Polígono industrial de Bértoa, H-21, 22

Concello de Carballo (A Coruña)

Antonio José Tarrío PellónIgrexafeita s/n

Concello de San Sadurniño (A Coruña)

Desguaces Alfonso e Hijos, S.L.O Cumial nº 55

Concello de Ourense

Manuel Olegario Barreiro GómezCortiñán, estrada N-VI, km 576,8

Concello de Bergondo (A Coruña)

Desguaces Oróns, S.C.A Lagoa-Salto

Concello de Vimianzo (A Coruña)

Desguaces A Gándara, S.L.Estrada Lugo a Santiago de C., km 5

Concello de Lugo

Gregorio Yepes GordoSabarei, estrada Nadela a Sarria, km 7

Concello do Corgo (Lugo)

José García BousoEstacaxugos-San Cosme

Concello de Barreiros (Lugo)

Desguaces Herbón, S.L.Estrada de Vegadeo, km 86,3 e

Polígono industrial do Ceao, r/ Industria nº 38

Concello de Lugo

Desguaces Gil, S.L.Portela-Tameiga

Concellos de Mos e Vigo (Pontevedra)

Desguaces Sofer, S.L.Rúa Severino Covas nº 94

Concello de Vigo (Pontevedra)

Modesto García PortomeñeSanta Eufemia de Calde nº 18

Concello de Lugo

Desguaces Conturiz, S.L.Conturiz, estrada N-VI, km 498

Concello de Lugo

José Romero LedoIgrexafeita s/n

Concello de San Sadurniño (A Coruña)

José Luis Lorenzo PenidoNegreiros nº 26 e 31

Concello de Silleda (Pontevedra)

Salvador Andrés López MartínezPolígono industrial Río de Pozo Parcelas 175 a 178

Concello de Narón (A Coruña)

Manuel Bermúdez PoseO Bao-A Piolla, estrada C-552, km 48

Concello de Cabana (A Coruña)

Desguaces La Telva, S.L.A Telva-Sigrás

Concello de Cambre (A Coruña)

Desguaces Ceao, S.L.Bagueixos s/n, Tirimol

Concello de Lugo

Considerando os criterios do anexo III da Lei 6/2001 e as seguintes características dos proxectos:

-Non se producirán cambios na topografía, uso do solo e cambios en masas de auga no lugar dos centros durante a fase de construcción, debido a que xa levan anos desenvolvendo a súa actividade.

-Non existirá risco de accidente que poida afectar á saúde humana ou ambiental na fase de construcción pola mesma razón mencionada con anterioridade.

-Cumprindo as condicións do Real decreto 1383/2002, do 20 de decembro, sobre xestión de vehículos ó final da súa vida útil, non existirá perigo de contaminación das augas subterráneas ou

o solo, e non se prevén afeccións das augas continentais ou calquera outro elemento do dominio público hidráulico das zonas dos arredores da localización dos proxectos.

-Disporase de depósitos axeitados para o adecuado almacenamento temporal de tódolos líquidos e pezas contaminantes ata que se produza a recollida por xestor autorizado.

-Nos centros non se levarán a cabo traballos de incineración nin combustión, polo que non emitirán contaminantes perigosos, tóxicos ou nocivos para a atmosfera.

-As instalacións non afectan a zonas incluídas na proposta galega de Rede Natura 2000.

Non se deduce a posible existencia de impactos ambientais significativos que aconsellen somete-los proxectos ó procedemento de avaliación de impacto ambiental.

Polo tanto, en virtude do artigo 1.2º da lei precitada, e tendo en conta o exposto anteriormente, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que non é necesario someter ó procedemento de avaliación de impacto ambiental os centros de recollida e descontaminación dos vehículos ó final da súa vida útil obxecto desta resolución.

Non obstante, esta dirección xeral considera que se deben ter en conta os seguintes aspectos ambientais (para cada un dos centros citados con anterioridade), ademais das normas xerais de protección establecidas na documentación presentada, para os efectos de evitar posibles impactos ambientais:

1. Toda a instalación, tanto a situada en solo industrial como en rústico, deberá dispoñer dun valado perimetral de altura suficiente con elementos que diminúan ou minimicen o impacto visual. No caso dos centros situados en solo rústico, as parcelas deberán dispoñer dunha pantalla perimetral de carácter vexetal (preferiblemente con especies perennes e de crecemento rápido), para garantir con iso a harmonía co uso dominante primario do solo, sempre e cando non se demostre a inviabilidade desta actuación.

2. O vertido directo ou indirecto de augas e productos residuais susceptibles de contamina-las augas continentais ou calquera outro elemento do dominio público hidráulico deberá contar coa previa autorización administrativa, de acordo co sinalado no artigo 100 do texto refundido da Lei de augas (Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas).

3. No caso de existir calquera tipo de captación de auga deberase contar coa autorización do organismo de conca correspondente.

4. Non se superarán os límites establecidos na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica (DOG do 20 de agosto) e, se é o caso, o establecido polos propios concellos.

5. As instalacións deberán adaptarse ós requisitos técnicos establecidos no Real decreto 1383/2002, do 20 de decembro, sobre xestión de vehículos ó final da súa vida útil.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2003.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental