Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 01 de agosto de 2003 Páx. 10.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e mediante concurso público, para a subministración de terminais de operación con destino á central de emerxencias 112-SOS-Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de terminais de operación con destino á central de emerxencias 112-SOS-Galicia.

b) Número de unidades que se entregarán: trece (13) terminais de operación.

c) División por lotes e número: lote único.

d) Lugar de entrega: a sede da central de emerxencias 112-SOS-Galicia, sita no edificio de usos múltiples, en San Marcos, 15880 Santiago de Compostela.

e) Prazo de entrega: un mes contado desde o día seguinte ó da data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 60.000,00 euros, IVE engadido.

5. Garantía provisional: 1.200,00 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 60 25 e 981 54 45 17.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 16 do TRLCAP.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 18 do TRLCAP.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 5, 3º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local. Sala de xuntas.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar o acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9.00 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

11. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2829

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2003.

Manuel E. Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Administración Local