Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 01 de agosto de 2003 Páx. 10.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 1 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da incoación do procedemento sancionador SA-OU-33/03-MP, por infracción da Lei de epizootias do 20 de decembro e do seu regulamento.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinala a continuación

a incoación do expediente sancionador número SA-OU-33/03-MP, acordado polo delegado provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural de Ourense.

Noméase instructor do procedemento a Benjamín Dorrio Villamarín, funcionario desta delegación provincial.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para examina-lo expediente nesta delegación provincial, rúa Florentino López Cuevillas, 4-6 baixo, Ourense, e formula-las alegacións que estime convenientes, así como para a recusación da persoa nomeada como instructor en calquera momento da tramitación do procedemento. De non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993 (BOE do 9 de agosto).

O pagamento voluntario porá fin o expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación.

Ourense, 1 de xullo de 2003.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: SA-OU-33/03-MP.

Denunciado: José Manuel Solla Pereira.

DNI: 35308004.

Último enderezo coñecido: rúa Bélxica, 3-1-C Monteporreiro (Pontevedra).

Feitos imputados: transportar 16 cabezas de gando vacún, con data 10 de marzo de 2003, no camión matrícula LU-5224-H, carecendo do preceptivo certificado de desinfección do vehículo.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigo 52 do Regulamento de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 206 a) do Regulamento de epizootias.

Cuantificación da infracción: leve.

Sanción posible: multa de 100 euros.