Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 01 de agosto de 2003 Páx. 10.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e estudio ambiental para o trazado da L.A.T. aérea a 132 kV desde a subestación do parque eólico de Álabe-Montemaior Norte ata L.A.T. aérea existente 132 kV Mondoñedo-Montouto e derivación á subestación do Parque Eólico Álabe-Montemaior Sur, no concello de Abadín e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 36/2001 A.T.).

1. Autorización administrativa e estudio ambiental.

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, na Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285, do 28

de novembro) e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro) sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e estudio ambiental para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a seguir:

Peticionario: Acciona Eólica de Galicia, S.A.

Finalidade: interconexión eléctrica das subestacións dos parques eólicos Álabe-Montemaior Norte e Álabe-Montemaior Sur coa liña eléctrica aérea existente Mondoñedo-Montouto para evacuación da enerxía xerada nos ditos parques eólicos.

Características técnicas principais:

1. Liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV de 2.307 metros de lonxitude (tramo comprendido desde a subestación de Álabe-Montemaior Norte ata a liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV. Existente Mondoñedo-Montouto) composta por un circuíto cun conductor LA-180 e cable de terra OPGW sobre apoios metálicos de celosía.

2. Liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV de 83 metros de lonxitude (tramo comprendido desde apoio número 5 da liña eléctrica aérea citada no punto anterior ata a subestación de Álabe-Montemaior Sur), composta por un circuíto cun conductor por fase LA-180 e cable OPGW sobre apoios metálicos de celosía.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previsto no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctrica.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, poderanse corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Así mesmo, o estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións da L.A.T. 132 kV desde subestación parque eólico de Álabe-Montemaior Norte ata L.A.T. aérea existente 132 kV Mondo

ñedo-Montouto e derivación a subestación Parque Eólico Álabe-Montemaior Sur poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria, e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo e no concello de Abadín, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante esta Delegación Provincial de la Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximo xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación e, así, dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 14 de xullo de 2003.

Jesús Bandaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

L.A.T. 132 kV Montemaior Norte-Montemaior Sur

Nº predio: 1.

Paraxe: Labrada.

Cultivo: monte baixo/monte alto.

Propietario: M.V.M.C. de Labrada, pte. Ángel Fernández Pita.

Enderezo: Xana, 1, Labrada (Abadín).

Apoio nº: entrocamento 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, Pórtico, derivación 1, Pórtico.

Apoio m: 231,5.

Voo m.l.: 2.390.

Voo m: 51.645.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL