Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 01 de agosto de 2003 Páx. 10.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/61-2, 6018 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Coea.

Situación: Castro de Rei.

Descricións técnicas: L.M.T. con orixe en L.M.T. existente a C.T.I. Coea e final en C.T.I. Coea, cunha lonxitude de 51 m.

C.T. de tipo intemperie situado sobre torre metálica, cunha potencia de 50 kVA.

R.B.T. realizadas con conductores R.Z.-95 e R.Z.-50 tensados sobre apoios de formigón e alimentarán os lugares de Coea, A Aldea e A Grandela, cunha lonxitude de 1.290 m e un total de 9 clientes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 20 de xuño de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo