Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 01 de agosto de 2003 Páx. 10.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/60-2, 6060 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. subterránea nos Muíños.

Situación: Mondoñedo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV en conductor R.H.Z. 150 mm Al en canalización existente, baixo tubo de 160 mm de diámetro cunha lonxitude de 480 m a liña sae desde unha cabina existente no C.T. V. Sociais cara ó C.T. Muíños (proxectado) aliméntase este e sae de novo para cerra-lo anel ó C.T. V. Sociais.

C.T. instalado nunha caseta existente reformada para cumprir coa nova normativa, o C.T. está constituído por un trafo de 630 kVA e 3 celas de SFG (dúas de liña e unha de protección).

R.B.T. subterránea en conductores R.V.-240 e R.B.-95 en canalización existente que alimentará os edificios en construcción. Tamén se prevé a conexión coas redes de baixa existentes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 20 de xuño de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo