Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 01 de agosto de 2003 Páx. 10.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/58-2, 6043 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T.I. San Xillao e enlace R.B.T. en San Xillao.

Situación: Ribadeo.

Descricións técnicas: L.M.T. con orixe en L.M.T. a Ribadeo e final en C.T.I. San Xillao cunha lonxitude de 63 m. C.T. de San Xillao cunha potencia

de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V.

R.B.T. prevese o enlace do C.T. coas actuais R.B.T.S. existentes, realizadas en conductores illados de denominación R.Z. 95 155 m sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 19 de xuño de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo